Son Paz e quero eliminar as miniaturas que teño naulgunhas páxinas e non atopo o xeito de facelo. Sabe alguien o modo de facelo?. Grazas.
Son Paz e quero eliminar as miniaturas que teño naulgunhas páxinas e non atopo o xeito de facelo. Sabe alguien o modo de facelo?. Grazas.
Utiliza Software Libre!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal |
Eeliminar as miniaturas
Poderías concretar un pouco máis? A qué miniaturas te refires? imaxes que meteches nalgunha páxina?
Si podes indica o enderezo donde teñas unha para poder ver de que falamos e miramos a solución.
Un saúdo.
Miniatura
Concreto o de "Miniatura". Son imaxes que se meteron fai tempo nalgunha páxina e gustaríame renovalas ou eliminalas. Douche o enderezo e miras en "O Centro" (Dependencias) ou mesmo en Departamentos, o de Orientación. Aínda hai máis, pero con esas mostras xa podes saber a que problema me estou refirindo. Grazas.
Demasiada festa...Esquecín enviarche o enderezo...http://www.edu.xunta.gal/centros/iesenriquemuruais/
Eliminar miniaturas
Correcto. Os contidos que creástedes para facer esas minuaturas son contidos do tipo Imaxe, polo tanto as miniaturas foron creadas automaticamente ao crear o contido, ao subir a imaxe en tamaño real.
Entón, para eliminar a miniatura o que hai que facer é eliminar o contido. Por exemplo, premendo sobre o nome do contido Aula música e entrando na pesata Edición, podemos atopar ao final da páxina o botón para Eliminar este contido (nodo). Deste xeito elimínase por completo, tanto a imaxe en tamaño real como a miniatura que se creou automaticamente.
Un saúdo.