Skip to Content

crear contido

Hola, como son nova nisto teño moitas dúbidas. A vindeira semana teño que ensinar o profesorado do centro a crear contidos. O que non sei é cal e a diferencia entre crear contido Páxina e crear contido Story (artigo). Aparentemente parece o mesmo. ¿Cando se debe empregar un e outro tipo? Grazas polo voso traballo.

Páxina e Historia

Entre páxina e historia, como dis, aparentemente non hai diferencia. Si miras en http://drupal.org/node/31331 verás que ainda que podemos configuralos para que sexan iguales hai un pequeno matiz.

A páxina, por concepto, non debería levar información do autor, nin data de publicación nin permitir comentarios. En cambio a historia xa é mais persoal, debería aparecer o autor, a data de publicación e nalgúns casos, permitir poñer comentarios sobre a mesma.

Por exemplo, si queremos poñer un contido coa localización do centro, está claro que debería ser contido de tipo páxina.

 

 

titoriais e video titoriais

Se non me equivoco, tamén son novo nisto, é o mesmo.... Si che apetece e sobre todo si che interesa deixoche uns titoriais ( casiros, e feitos por min) que temos na nosa web. Tanto titoriais como video titoriais que o mellor sonche de utilidade para non estar todo o día explicando paso a paso todo. http://centros.edu.xunta.es/cpisantalucia/category/10/52 para os titoriais http://centros.edu.xunta.es/cpisantalucia/category/10/51 para os video titoriais.

Grazas

Vaime ser de moita axuda o teu traballo, grazas pola vosa colaboración.


forum | by Dr. Radut