Publicidade nos comentarios anónimos
Antes de nada, un saúdo especial para Xosé Luis, ao que tiven a oportunidade de coñecer no CEFORE de Ferrol onte. Volvo a darche a miña felicitación polo tremendo traballo destes anos nas webs dinámicas case sen apoio. Eu estou encantado coas tres ferramentas instaladas no noso espazo web (Drupal, Moodle e Coppermine), case demasiado encantado, porque paso horas e horas con elas sen darme conta.
O problema que agora paso a expoñer é que comezamos a ter publicidade nos comentarios anónimos dos artigos. Ten toda a pinta de ser un robot, pero cada día utiliza unha IP diferente. Estou excluíndo a IP cada vez que aparece unha destas mensaxes, pero o problema podería dexenerar sen control. Hai algunha outra medida posible?
Angel, do CPI do Feal
- APIs de Blogue
Comentarios anónimos - spam
Boas, existen varias razóns para non permitir comentarios anónimos, unha de elas é iso que vos está a pasar. Ó permitir comentarios anónimos estamos dando pé a que os spam-bots nos localicen e nos enchan os comentarios de spam, en moitas ocasións esos spam incluso conteñen enlaces a páxinas nada recomendables para os rapaces.
O problema só ten unha solución e que de momento non está dispoñible nas nós: sería incluír unha comprobación en forma de imaxe con números e letras, para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un robot.
De tódolos xeitos as webs dos centros son webs oficiais e están suxeitas á política de protección de datos especialmente, isto implica a necesidade de ter identificado todo o que se publica nas webs, é por iso que tampouco deberiamos permitir comentarios anónimos.
Moitas gracias polas felicitacións, traspásollas a Xosé Luis agora mesmo.
Un saúdo
eliminar os comentarios spam
Cómo podemos eliminar os comentarios que xa entraron na páxina sin ser de xeito individual? (temos máis de 5000)
Graciñas
Módulos anti-spam
Moderación dos comentarios