Skip to Content

Asignar categorías cos seus termos a menús

Coa nova versión, aparece un problema á hora de crear categorías cos seus termos e asocialos a un menú.No menú NAVEGACION debería aparecer a categoría creada cos seus termos para posteriormente poderlla asociala ao menú que acabomos de crear (que aparece na parte superior). Se queremos despois desactivar a categoría para que aparezan os termos dentro do bloque, non se ve nin a categoría nin os termos dentro dese menú ....

Sí que teño marcada no Taxonomy menu a opción que permita  ver as categorías no menú, pero sigo sen ver a categoría cos termos colgando dela no menú navegación..

Alguien sabe resolvelo?

Curioso... e é moi importante telo en conta.

O que sucedía é que nas opcións do Taxonomy menú estaba activada a opción de ocultar os termos se estes aínda non teñen ningún contido publicado. Entón, como neste caso os termos estaban recén creados e aínda non tiñan ningún contido, efectivamente non aparecían. Pero non aparecen nin colgando da categoría cando a asociamos ao menú correspondente.

De todos xeitos, non pasa nada, xa que os termos están aí, ocultos pero están. E cando vaiamos a crear un novo contido estarán dispoñibles para publicar neles os contidos. A medida que xa teñan contidos xa aparecerán no seu menú correspondente.

Tamén hai que indicar que un bloque que conteña un menú dunha categoría na cal ningún dos seus termos teña contido publicado, non aparecerá nin o bloque na web ata que conteña alomenos un contidos nalgúns dos seus termos dependentes.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut