Skip to Content

Artículos

Actualización da Aula Virtual a Moodle 2.6

Durante o pasado Nadal comenzamos o proceso de actualización das aulas virtuais dos centros participantes no proxecto á nova versión 2.6 de Moodle desde a actual 1.9.

Actualizáronse un conxunto de centros que o tiñan pedido desde hay tempo. Polo momento continuaremos levando a cabo esta actualización baixo demanda, é dicir, só para aqueles centros que o pidan. Maís adiante comenzaranse a actualizar de oficio as aulas vituais que queden na versión 1.9.

Para pedir que se actualice a aula virtual dun centro, a dirección debe escribir desde o correo corporativo do centro a websdinamicas@edu.xunta.es indicando o código e o nome do centro e solicitando a actualización da súa aula virtual á nova versión Moodle 2.6.

Poden consultar máis detalles sobre esta actualización no ficheiro anexo.

Para máis información sobre esta actualización os centros poden poñerse en contacto co seu asesor/a de zona.

Saúdos.

Actualización 1.64 a 1.82

1-Gardar logo en carpeta de centro (Logo e Logo small se houbese)

2-Poñer tema standar de moodle no espazo

3-Copia de seguridade da base de datos (se se actualizou drupal, xa haberá unha completa). Gardar en carpeta de centro

4-Renombrar carpeta moodle a DELETE_moodle

5-Subir carpeta moodle. Editar config.php

6-Lanzar espazo moodle en navegador (http://centros.edu.xunta.es/centro/moodle)

7-Aceptar actualización desatendida. 
Entrar na aplicación e esta seguirase actualizando ata que finalmente aparecerá unha pantalla cun botón de REXISTRAR MOODLE

8-Comprobar funcionamento correcto

9-Poñer tema do centro e subir logo personalizado se o tivese

10- SOLUCIÓN ERRO DE COTEXAMENTO FINAL (Drupal e Moodle)
Ir á base de datos, exportar base de datos completa (da versión 5.1 e 1.82). Gardar (nomedecentro2.sql)
Eliminar todas as táboas da base de datos.
Importar a base de datos (nomedecentro2.sql)



by Dr. Radut