Skip to Content

Artículos

Actualización de Webs Dinámicas: Drupal 6, Moodle 1.9

Durante os próximos meses (Maio, Xuño e Xullo de 2013) aplicarase a actualización de dúas das aplicacións de Webs Dinámicas: Drupal e Moodle. No primeiro caso pasaremos da versión 5.23 á versión 6.30, no segundo caso pasaremos da versión 1.8.5 á versión 1.919+.

Os obxectivos destas actualizacións son:

  • Obter novas funcionalidades do software.

  • Obter novas características de seguridade.

  • Avanzar un paso no proceso evolutivo destas aplicacións coa meta de alcanzar as últimas versións das mesmas (Drupal 7 e Moodle 2.5 neste momento) e así obter todas as súas funcionalidades e características de seguridade.

Este procedemento será aplicado aos centros de un en un. Cada centro será avisado con antelación das datas nas que se realizará a súa actualización. Durante o proceso, a Web Dinámica do centro non estará dispoñible. En principio farase nun periodo de dous días, pero na maioría dos casos bastará cun solo.

Finalizado o proceso de actualización, e posible que o administrador da Web Dinámica no centro teña que realizar as seguintes tarefas adicionais, para o que pode contar coa axuda do seu asesor Abalar de zona:

Tarefas adicionais para Drupal:

  • Conversión de vistas, da versión Views 1 á versión Views 2. Esto será preciso facelo no caso de que o centro utilice vistas personalizadas. O administrador deberá ir ao formulario de configuración de vistas en Administrar >> Construcción da páxina >> Vistas >> Pestaña Ferramentas >> Enlace Convertir, e ir pinchando no enlace Convertir de cada vista e logo no botón Gardar cando se abre o formulario de edición da vista. O módulo de vistas non garante que esta conversión deixe a vista exactamente igual que estaba na versión Views 1, polo que pode ser preciso retocala.

  • Selección dun novo tema por defecto no caso de que o que se tivera antes non estea dispoñible na nova instalación de Drupal 6. Neste caso o proceso de actualización deixa por defecto o tema Garland coa mesma configuración de bloques que se tiña no tema orixinal.

  • Selección e configuración de temas en función da ruta accedida. No caso de que se estivera utilizando o módulo taxonomy_theme de Drupal 5, o proceso de actualización fai unha conversión da configuración existente nunha nova configuración do módulo themekey, que é o que fai o mesmo traballo en Drupal 6. O problema está en que parte dos temas instalados en Drupal 5 non están agora instalados en Drupal 6. O que fai o proceso de conversión desta configuración e susbtituir os temas non instalados en Drupal 6 polo tema por defecto que se tiña en Drupal 5 (no caso de estar instalado en Drupal 6) ou senón polo tema Garland. Así o administrador deberá revisar a configuración do módulo themekey e facer unha nova selección e configuración de tema nos casos que o considere oportuno.

  • Aos usuarios de Drupal que tiveran seleccionado un tema particular a nivel de usuario que non estea instalado en Drupal 6, se lle borra esta selección, polo que se lle aplicará o tema por defecto. Poderán elexir un novo tema se o desexan.

  • O criterio de selección de temas a instalar en Drupal 6 foi o de coller os temas máis utilizados sempre que estivesen dispoñibles para drupal 6. No ficheiro adxunto pode ver o cambio no conxunto de temas instalados. 

  • Os centros que estaban a utilizar en Drupal 5 un tema personalizado para o seu centro, terán dúas opcións: utilizar un tema dos instalados tal como está (opción recomendada); ou ben descargar o tema desexado para Drupal 6, personalizalo e solicitar a súa instalación envíandoo a websdinamicas@edu.xunta.es. O persoal responsable do proxecto Webs Dinámicas valorará a conveniencia e necesidade de instalar o tema personalizado.

 Tarefas adicionais para Moodle:

  • Selección dun novo tema. No caso de que o tema utilizado na versión anterior de Moodle non estea instalado na nova versión, o proceso de actualización o cambia polo tema standardwhite. O administrador da aula virtual poderá selecionar outro distinto se o desexa.

Bloques que desapareceron

Ola! son a administradora da web e dende onte algúns bloques da columna da dereita desapareceron, só se poden ver se accedemos como usuarios rexistrados cando antes non había problema, ninguñen cambiou os permisos, xa que só eu teño acceso, e facendo unha proba a marcar que os vexan os usuarios non identificados tampouco se ven, que pasou? como o resolvo?

 

Grazas

Proxecto Web Dinámicas

Protocolo de solicitude do proxecto

OBXECTIVOS

  1. Favorecer a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través de plataformas web 2.0.
  2. Fomentar a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación no marco da Sociedade da Información.
  3. Permitir o achegamento real de contidos educativos dixitais ás aulas a través de tecnoloxías innovadoras.
  4. Universalizar a creación de contidos en contorno web e redución da fenda dixital.
  5. Contribuír á difusión do coñecemento libre nun marco altamente colaborativo e de licenzas abertas, en consonancia coas novas tendencias na Sociedade do Coñecemento.

Os Premios Siega (Contidos Educativos) foron o mellor impulso para promover a elaboración de recursos educativos e en especial para as Páxinas Web dos centros educativos.

Sen embargo, en canto as páxinas web, aínda que se logrou o obxectivo de que practicamente tódolos centros educativos se animasen a elaborar a súa páxina web, na súa maioría non foron froito dun traballo colectivo da comunidade educativa polo que foron quedando esquecidas e no mellor dos actualizadas por un profesor voluntarioso que non logra enganchar ao resto do profesorado ou alumnado.

Empregar linguaxes de programación, ferramentas máis ou menos complicados de edición de páxinas web, necesitar aloxalas convenientemente nun servidor, a mobilidade do profesorado.... suman un conxunto de inconvenientes e atrancos que fan que as páxinas deixen de actualizarse.

Buscando solucións os problemas sinalados e tratando de darlle sentido as páxinas web dos centros xorde o proxecto de aplicacións dinámicas para os centros educativos.

Un proxecto no que a información e os contidos cobran maior importancia, onde se ten en conta fundamentalmente o traballo colaborativo e o construtivismo.

PROXECTO DE APLICACIÓNS "WEBS DINÁMICAS":

Pretendemos ofertar aos centros educativos unhas aplicacións dinámicas en contorno web preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación.

Como características comúns as ditas aplicacións sinalariamos:

  • Son código libre (software libre). PHP. Bases de datos MSQL
  • Desenvólvense contorno Web
  • Defínense roles e perfís de usuario
  • Transmisión de ficheiros por http
  • Non se precisan coñecementos de linguaxes html, php, jsp,...
  • Respectan as normas de seguridade dos servidores da Consellería
  • Asistencia nas actualizacións as novas versións
  • Existen múltiples posibilidades de estilos ou temas
  • Favorecen o traballo colaborativo
  • Permiten e fomentan a participación de toda a comunidade educativa
  • Eliminan as diferencias entre centros educativos de alta cualificación tecnolóxica con aqueles menos alfabetizados, xa que non se precisan grandes coñecementos a nivel usuario.

Drupal:

Xestor de información e contidos.

Ferramenta para a creación do portal web dos centros educativos.

Dun xeito moi sinxelo se elabora un menú de navegación, libros colaborativos, blog’s, chats, artigos con posibilidade de comentarios,...

Coppermine:

Aplicación para xerar galerías de imaxes e vídeos.

Os usuarios con permisos poden engadir galerías, textos, valoracións e comentarios aos albumes e as imaxes ou vídeos.

Moodle

Xestor de contidos e ferramenta de teleformación. Aula virtual do centro educativo.

Moodle é unha ferramenta imprescindible para a xestión dos contidos de apoio na ensinanza presencial. Con ela o profesorado pode elaborar as súas unidades didácticas e sesións presencias dun xeito rápido e sinxelo.

Permitirá ao alumnado asignado a cada unidade ou lección traballar na aula, na casa, nas bibliotecas sen a presencia obrigada do profesorado.

Os pais, nais e titores poderán ter acceso as leccións, traballos, e seguir a evolución das tarefas dende a presentación, elaboración e avaliación.

Pretendemos polo tanto, que Moodle sexa máis unha ferramenta de apoio para a xestión de contidos na ensinanza presencial que unha ferramenta de ensinanza a distancia.

Evidentemente vai a ser unha ferramenta moi apropiada para a formación continua do profesorado do propio centro educativo ou para abrir a formación a comunidade educativa do propio centro.



by Dr. Radut