Skip to Content

PUBLICADAS LISTAXES ADMISIÓN

Están publicadas as listaxes de admisión no taboleiro da entrada do Centro dende o venres, 22 de abril. 

Están admitidas TODAS as solicitudes para os seguintes cursos: 1º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.

VISITA Á MOSTRA "AFONSO X E GALICIA"

O alumnado de 2ESO visitou a mostra "Afonso X e Galicia" na capela de Santa María e organizada polo Consello da Cultura Galega.

Na exposición celebrada co gallo do 800 aniversario do nacemento de Afonso X, o alumnado tivo a ocasión de coñecer un pouco máis deste monarca medieval tan vencellado a Galicia. Así, puidemos revisar aspectos da súa biografía, o proxecto político e especialmente do legado cultural grazas á reprodución de distintos escritos, miniaturas e instrumentos da época.

Despois da visita guiada, o alumnado tivo que buscar información nos distintos paneis expositivos.

2ESO na mostra Afonso X e Galicia. Marta Coria. CC BY-SA

CALENDARIO EXAMES PROBAS EXTRAORDINARIAS DE MAIO

Este é o calendario dos exames da proba extraordinaria de maio para a queles alumnos da ESO que teñen materias suspensas do curso ou cursos anteriores e non superaron o plan de recuperación. 

Este é o calendario dos exames da proba extraordinaria de maio para os alumnos de 2º de BAC que teñen algunha materia do curso anterior suspensa. 

Videoconferencia coa Scuola Media Pellico de Lugo (Emilia Romagna, Italia)

O alumnado de 2ESO tivo a oportunidade de facer unha videoconferencia co alumnado da Scuola Media Pellico de Lugo en Emilia Romagna (Italia) co que estamos a participar no proxecto eTwinning Lugo connection, much more than a name. Foi unha actividade moi motivadora para poder coñecer á rapazada italiana, ao tempo que intercambiamos información do patrimonio cultural dos nosos Lugo, o galego e o italiano.

Ademáis da animada conversa, Juan Aguado deleitounos cunha fermosa peza con contrabaixo. ¡Moitas grazas Juan!

Videoconferencia cos Lughesi. Marta Coria. CC BY-SA

BECAS

Xa está aberto o prazo para a solicitude de becas.

Toda a información no enlace.

 

Proxecto europeo eTwinning

O noso centro está a participar neste curso no programa de innovación educativa Plan Proxecta+, na modalidade Patrimonio cultural a través da plataforma eTwinning”, que promove a Consellería de Educación. O noso socio europeo é a Scuola Media Pellico di Voltana en Lugo (Emilia Romagna, Italia), de aí que o proxecto se chame "Lugo connection, much more than a name".

Este proxecto ten como obxectivo potenciar o coñecemento e valoración do patrimonio cultural europeo material e inmaterial, propiciando o diálogo intercultural e a cohesión social. Dun xeito máis concreto, pretendemos, partindo do coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural local, achegar ao noso alumnado a outras realidades europeas próximas ao tempo que contribuímos ao desenvolvemento das súas competencias.

No presente curso participará no proxecto o alumnado e as materias de:

2º ESO: Inglés, Galego, Xeografía e Historia

4º ESO: Inglés, Matemáticas

1º BAC: Inglés, Historia do Mundo Contemporáneo

Visita do alumnado de economía de 4º da ESO ao CIS Tecnoloxía e deseño de Ferrol

Hoxe venres 1 de abril, grazas a ser selccionado o proxecto emprendedor que desde o departamento de Economía se presentou ao programa EduTecEmprende. o alumnado da materia de economía de 4º da ESO puido desfrutar dunha experiencia novidosa e única.

O CIS Tecnoloxía e Deseño é un organismo público pertencente á Axencia Galega de Innovación e o seu obxectivo é ser impulsores de innovación para xerar valor económico, social e sostible. Unha das múltoples actividades que organizan son a formación e difusión, así como o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas

O programa e a viaxe desenvolveuse satisfactoriamente gazas á colaboración e acompañamiento de Lara Oliveros e Mercedes Sutil.

Algunhas fotos do evento

Noraboa ao equipo GRANDPRIX Finalista do concurso simulador YBT 2022

Estamos de noraboa, un dos equipos que participan no Young Business Talents, formado por alumnado de economía de 1º de bacharelato. quedou de finalista. Pilar e Inmaculada... gran traballo!

Premio do Instituto Galego de Consumo para a alumna Génesis

A alumna Génesis Dashira García Cruz de 4ºESO recibiu o 15 de marzo un premio polo proxecto "A factura da luz" realizado na materia de Economía. O traballo foi premiado dentro do concurso autonómico sobre a tarifa eléctrica organizado polo Instituto Galego de Consumo e a Competencia (IGCC) 

O premio consiste nun cheque cun vale de 100 euros para comprar nunha librería. 

Esta é unha boa mostra do concienciados que están os mozos e mozas coa importancia de aforrar, especialmente nun marco enerxético tan complexo como o actual.

Parabéns Génesis!

8M. Todos os días son fermosos para celebrar ás mulleres da nosa vida

O alumnado de 2ºB adicou palabras de amor e agradecemento ás MULLERES da súa vida: avoas, nais, irmáns, amigas...

8M

Muro do 8M Mulleres da miña vida. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut