Skip to Content

Libros de texto curso 2024-25

Aquí está a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025.

Instrucións e documentación para a matrícula (Curso 2024-2025)

PRAZOS DE MATRÍCULA E DOCUMENTACIÓN:

Dende o 24 de xuño ao 8 de xullo 2024


Para axilizar o proceso da matrícula pregámoslles que se axusten, de ser posible, ao seguinte calendario de matrícula por curso:

  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 1º ESO:  2 e 3 de xullo
  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 2º ESO: 25 e 26 de xuño
  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 3º ESO: 25 e 26 de xuño
  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 4º ESO: 27 de xuño 
  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA  EN 1º BAC: 28 de xuño e  01 de xullo
  • ALUMNADO PARA MATRÍCULA  EN  2ºBAC:  4 e 5 xullo (en caso de que teñan aprobado todo na convocatoria ordinaria poden matricularse antes )

 

Memoria Proxecta Escola Verde curso 2023-2024

Vídeo resumo das actividades desenvolvidas no Proxecta Escola Verde durante o curso 2023-2024.

escola verde

 

 

Revista do centro "Á sombra da muralla" (nº31)

Un curso máis contamos coa revista do centro "Á sombra da muralla" e xa van 31 números!

Podedes ver aquí a revista dixital deste ano. 

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO POR FORMAR PARTE DE TODAS AS ACTIVIDADES.

Tamén podes premer na imaxe para vela.

revistaRevista dixital Á sombra da muralla. Edición do EDL do IES Xoán Montes

Erasmus+ no IES Xoán Montes

Rematamos o curso cunha moi boa nova: o IES Xoán Montes estará no próximo curso no programa Erasmus+!

O proxecto presentado, resultado dun intenso traballo dun amplo número de profesorado, acadou unha elevada puntuación (91/100) e resultou un dos 17 seleccionados de toda Galicia na modalidade de curta duración para a mobilidade de alumnado e persoal de Educación Escolar (KA122-SCH).

Baixo o título "Abrindo mentes para non deixar a ninguén atrás", buscarase desenvolver tres obxectivos: consolidar a internacionalización do centro, a mellora da competencia lingüística e o uso de metodoloxías inclusivas e mellora da atención á diversidade. Para conseguilo, contaremos cun orzamento que permitirá realizar distintas actividades entre as que destacan: mobilidade de alumnado de curta e longa duración, acollida de alumnado estranxeiro, mobilidade de profesorado para observación, cursos de formación de profesorado e acollida dun profesor de idiomas.

Co comezo do próximo curso faremos unha reunión informativa para as familias para explicar todos os aspectos referidos a este proxecto Erasmus+.

erasmus cofinanciado

Bo verán!

O Equipo de Acollida do IES Xoán Montes deséxavos un marabilloso verán. Para que desfrutedes ao máximo aquí queda a playlist elaborada polo Alumnado do Equipo de Acollida cunha magnífica selección de cancións dos diferentes países de procedencia de alumnado do instituto.

Noraboa por este gran traballo!! Bo verán a todas e todos!

FIN DE CURSO: CULTURAS UNIDAS NO XOÁN MONTES

Celebramos o fin de curso e a diversidade de culturas do noso centro. Para iso, contamos cun programa de actividades festivas e deportivas ao longo da xornada do día 21. Non dubides en participar nas seguintes iniciativas:

- non esquezas a ficha dunha persoa relevante do teu país.

- trae un retal de tela para configurar unha guirnalda diversa de cores, tamaños e texturas.

- participa no obradoiro de danzas do mundo.

- divírtete nos xogos populares!

Aquí tes o programa de actividades.

cartel  cartel2

Cartel elaborado por Inés Iglesias.

 

Noraboa aos semifinalistas de Young Business Talents

Con tantos e variados eventos que houbo este curso, case esquezo felicitar e publicar as fotos do gran número de alumnado que conseguíu o diploma como semifinalistas na edición deste curso do YBT.

Incluso faltou pouco para que un equipo chegase á final.

Nunca é tarde para celebrar o bo! Noraboa! 

Alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º de ESO Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Xornada de Orientación académica e profesional no IES Xoán Montes con sorpresa

Hoxe 12 de xuño, como os mércores anteriores, tivemos a xornada de orientación para 4º da ESO no salón de actos do Uxío Novoneyra.

Carlos López Vila, estudante de mediciña, contounos a súa experiencia no instituto e como afrontou as distintas decisións que tivo que tomar, investigando e reflexionando, tamén deunos consellos que a el lle serviron para ir percorrendo o seu camiño.

A súa conversa, chea de anécdotas e frases de autores, transmitiunos a súa afección á lectura, que segue a cultivar porque defende que organizándose dá tempo a facer moitas actividades e a valorar e saber aproveitar o tempo. 

Destacou a importancia de mostrar interés, pois a xente está desexosa de axudar, defende que hai que aprender a facer amigos e de axudar tamén. E grazas a toda esa ansia e gañas de mellorar as cousas está de delegado do seu curso na USC, traballando en equipo para que se podan facer as prácticas do seu grado de maneira máis eficiente ou tratando de que o programa de estudos se modernice.

Moitas grazas Carlos por mostrarnos o teu tesón. que ben seguro te levará a conseguir todos os teus obxectivos, sen deixar de lado a importancia da familia, dos amigos e da responsabilidade que todos temos de deixar o mundo mellor do que o atopamos. E grazas a Cristina por traernos non so ao teu fillo, senón a persoas con mensaxes tan entusiastas.

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

I Xornadas de Ciencia e Medioambiente

Os días 12, 13 e 14 de xuño terán lugar no IES Xoán Montes as I Xornadas de Ciencia e Medioambiente.

Ao longo destes tres días poderemos desfrutar dunha exposición sobre o efecto dos plásticos e o medioambiente que ao longo deste curso o alumnado elaborou en distintas materias (Educación Física, Inglés, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, e Proxecto Competencial).

Ademais, contaremos con numerosos obradoiros cientíticos dirixidos polo alumnado do Club de Ciencias que levará a cabo nos recreos distintas demostracións. Non dubides en participar, sorprenderaste!

cartel

Cartel das xornadas. Elaborado por Inés Iglesias. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut