O alumnado de 2ESO visitou a mostra "Afonso X e Galicia" na capela de Santa María e organizada polo Consello da Cultura Galega.
Na exposición celebrada co gallo do 800 aniversario do nacemento de Afonso X, o alumnado tivo a ocasión de coñecer un pouco máis deste monarca medieval tan vencellado a Galicia. Así, puidemos revisar aspectos da súa biografía, o proxecto político e especialmente do legado cultural grazas á reprodución de distintos escritos, miniaturas e instrumentos da época.
Despois da visita guiada, o alumnado tivo que buscar información nos distintos paneis expositivos.
2ESO na mostra Afonso X e Galicia. Marta Coria. CC BY-SA