Skip to Content

17/10/18 MAS PEREGRINOS JUNTOS QUE NUNCA

 

ANDAINA CAMIÑO DE INVERNO

16/10/2018 10:00
16/10/2018 14:00

O alumnado de 1º e 2º de ESO e do Ciclo de Grao Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos participarán o día 16 de outubro nunha andaina realizando unha etapa do Camiño de Inverno.

Lugar: Chantada

Grupos: 1º e 2º de ESO e Grao Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Educación Física e Departamento de Hostalaría e Turismo.

Enlace á nova no xornal La Voz de Galicia

Para ver máis imaxes preme na foto.

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2018

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Para acceder á convocatoria preme aquí.

Dende o IES Val do Asma animámosvos a presentar as vosas candidaturas nos distintos colectivos (alumnado, familias,...).

Proximamente se publicarán as datas detalladas do sorteo dos membros da xunta electoral, de presentación candidaturas, etc.

NOVO PROXECTO PLURILINGÜE

Este curso o IES Val do Asma estrea nova aventura, mergullámonos no inglés a través do proxecto para ciclos formativos Estrela PluriFP, que se desenvolverá nos ciclos de FP Dual de Axencias de viaxes e xestión de eventos, Desenvolvemento de aplicacións web e Administración e finanzas, e que forma parte da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020.

Para esta nova andaina contaremos co apoio de Eoin Nordman, auxiliar de conversa recén chegado de Detroit, ao que lle damos a benvida ao noso centro, Eoin tamén nos botará unha man nas clases de ESO e Bacharelato.

Welcome! Let's go!

 

HORARIOS GRUPOS 2018-2019

Educación Secundaria Obrigatoria
1º ESO      2º ESO      2ºPMAR      3º ESO      3ºPMAR     4º ESO

Bacharelato
1º BAC          2º BAC

FP - Réxime ordinario

CB Mantemento de Vehículos
1º curso        2º curso

CM Electromecánica de vehículos automóbiles
1º curso        2º curso

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso

FP - Réxime dual

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso
 
CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
1º curso        2º curso

CS Desenvolvemento de aplicacións web
1º curso        2º curso

NOVA CONCESIÓN COMEDOR ESCOLAR

Dende o 1 de outubro empezou a prestar o servizo de comedor escolar a empresa AIRAS CATERING, substituindo a anterior, GESCOR. Para saber maís preme aquí.

O IES VAL DO ASMA ESTREA INSTAGRAM

O IES Val do Asma comeza o curso escolar 2018/2019 coa creación dunha conta no Instagram. Para acceder podes premer na imaxe.

Séguenos!!!

 

 

ADMISIÓN Á FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

Debes imprimir e cubrir o formulario de admisión, e entregalo no centro.

Podes acceder a dito formulario dende aquí.

 A maiores, debes entregar tamén o CV Europass, que poderás cubrir dende aquí.

BOLSAS DE ESTUDOS 2018-2019 BAC E FP

prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 1 de outubro de 2018. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

As presentacións terán lugar o Luns 17 de Setembro* de 2018 no seguinte horario:
10:00 horas    2º, 3º e 4º da ESO e PMAR
11:00 horas    1º e 2º de BACHARELATO
11:30 horas    1º ESO
12:30 horas    1º e 2º de FP Básica
13:00 horas    CM Electromecánica vehículos e CS Administración e finanzas (réxime ordinario)
13:30 horas    Ciclos formativos modalidade DUAL


* NOTA: O luns 17 non haberá servizo de transporte nen de comedor escolar.

As clases iniciaranse o Martes 18 de Setembro de 2018 ás 8:45 horas.

O IES Val do Asma deséxavos un bo curso académico 2018/2019 a toda a Comunidade Educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut