Skip to Content

Formularios

Protocolo en caso de accidente escolar con asistencia sanitaria

Instruccións para o profesorado:

Antes do accidente escolar, o profesorado debe ser coñecedor deste protocolo para o profesorado.

En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, o profesorado deberá:

1- Entregar aos pais/nais/titores legais o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar previamente cuberto na parte que corresponde ao centro. Este impreso está a dispor tamén na estantería das capertas de gardas, na conserxería, e na oficina de administración do dentro.
2- Cubrir o formulario de rexistro de incidencias do centro e entregar na oficina de administración do centro para o seu arquivo.

 

Instruccións para as familias ou titores/as do alumnado:

Antes do accidente escolar, as familias e titores legais deben ser coñecedoras deste protocolo para as familias e titores legais.

En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, as familias ou titores legais deberán solicitar cuberto, polo centro educativo, o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar, para tratar de evitar que en todo caso o SERGAS lles emita factura de pago pola asistencia recibida.

 

Para máis información sobre o Protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias da Consellería de Educación, preme aquí.

 

COMUNICACIÓN AUSENCIA AO SERVIZO COMEDOR

Ante a ausencia dun alumno ou alumna ao servizo de comedor, deberá cubrirse e entregarse o documento correspondente, que pode ser descargado dende aquí.

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS

No seguinte enlace, dispomos do documento a cubrir para xustificar as ausencias ao centro dos menores de idade.

COMUNICACIÓN INDIVIDUAL DE PARTICIPACIÓN EN FOLGA

No seguinte enlace, dispomos do fomulario a cubrir para autorizar a participación nunha folga dun menor de idade.

PROTOCOLO DE FOLGA DE ESTUDANTES

No seguinte enlace, pódese consultar o protocolo a seguir nunha folga de estudantes.

Tamén dispomos do modelo que se debe cubrir para autorizar a un menor na participación nunha folga. Dito modelo pódese descargar dende aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut