Skip to Content

Taboleiro

Calendario setembro CS DAW dual 2024

Acceso ao calendario de setembro do CS Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade dual onde se recolle a información sobre as datas dos exames extraordinarios de módulos e da exposición do Proxecto DAW, entre outra información.

Libros de texto curso 24-25

Preme nos adxuntos para acceder aos listados dos libros de texto para o curso 2024-2025:

  • 1º e 2º ESO
  • 3º e 4º ESO
  • Bacharelato
  • Formación Profesional (CB, CM e CS)

 

Admisión a Formación Profesional 2024-2025

Aberto o proceso de admisión a Ciclos básicos (CB), Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS) de Formación Profesional. O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas para todos os ciclos e modalidades.

Entrega de solicitudes: O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización. En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación. Acceso ao asistente informático.

No IES Val do Asma, para o curso escolar 24-25, ofertaranse os seguintes ciclos de FP, dous de eles novos:

  • CB Informática de oficina
  • CB Mantemento de vehículos
  • CM Electromecánica de vehículos automóbiles
  • CM Xestión administrativa NOVIDADE 24-25!
  • CS Administración e finanzas
  • CS Desenvolvemento de aplicacións web (Dual intensiva)
  • CS Automoción (Dual intensiva) NOVIDADE 24-25!

Para máis información preme en:

 

Cursos linguaxe administrativa e preparatorios para CELGA

Acceso á convocatoria 2024

Prazas nos centros residenciais docentes

Apertura do prazo para solicitar prazas nos centros residenciais para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (Orde do 23 de maio de 2024).

O prazo para presentar solicitudes en período ordinario abrangue do 21 de xuño ao 7 de agosto de 2024, ambos incluídos e as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED308A).

Preme aquí para máis información.

Fin de curso 23-24

21/06/2024 12:35
21/06/2024 14:15

Último día lectivo adicado á devolución dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, recollida de material, etc., e a partir das 12:35 horas, haberá un acto festivo, no Salón de Actos, que consistirá na proxección dunha curtametraxe e unha festa musical na que participarán Oscar & Friends e a actuación estelar de Diego BF.

Premios MEGABAU 2024

21/06/2024 11:00
21/06/2024 12:00

Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024. En cursos anteriores, despois da ABAU, tiña lugar o acto de entrega de diplomas aos Mellores Expedientes, organizado pola USC. A partires de agora será un acto conxunto as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, aínda que cada curso será organizado por unha delas. Este ano a organización correspóndelle á Universidade da Coruña (UDC). O acto contará coa presenza das máximas autoridades académicas e políticas.

Dende o IES Val do Asma queremos unirnos aos parabéns das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo polos éxitos acadados polo estudantado do noso centro, que conta con unha estudante premiada. 

O venres, día 21 de xuño, ás 11:30 horas terá lugar o acto de recoñecemento, MEGABAU 2024, no Coliseum na cidade da Coruña da nosa alumna premiada que estará acompañada polo Director en funcións. Parabéns Ada!

Devolución Fondolibros ESO

O alumnado beneficiario dos libros gratuitos terá que devolvelos segundo o seguinte calendario:

1º ESO Xoves 20-06-2024 De 12:35 a 13:25 horas
2º ESO Xoves 20-06-2024 De 13:25 a 14:15 horas
3º ESO Venres 21-06-2024 De 09:35 a 10:25 horas
4º ESO Venres 21-06-2024 De 10:25 a 11:15 horas

Actividades LGTBIQ+

17/06/2024 09:00
20/06/2024 14:00

A biblioteca do IES Val do Asma coordinará unha actividade para a última semana de curso, na que, por unha banda, se dará a coñecer ao alumnado persoas de distintos ámbitos (ciencia, cinema, arte, música, literatura, ...) que sexan relevantes e representen ao colectivo LGTBIQ+ e, por outra, realizaránse proxeccións de películas sobre a diversidade na biblioteca.

Calendarios reclamacións 2º BAC e preinscrición e matrícula universidade 2024

Prazos a ter en conta para alumnado de 2º BAC:

Distribuir contido


by Dr. Radut