Skip to Content

Novas

Calendario escolar 24-25

Táboa-resumo do calendario escolar 24-25 de Galicia. Ademáis no IES Val do Asma aprobouse como día non lectivo o 2 de maio de 2025. Para consultar a normativa que aproba o calendario escolar de Galicia preme aquí.

Segunda convocatoria anual cursos preparatorios CELGA

Convocados, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, impartiranse, os do primeiro cuadrimestre entre setembro e decembro, e os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e maio.
O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre
Para máis información preme aquí.

Eleccións Consello Escolar 2024 - Sorteo mesas electorais pais/nais/titores e alumnado

A Xunta Electoral reunida o 11 de novembro de 2024 realizou o sorteo dos/as integrantes das mesas electorais de pais, nais e/ou titores/as e de alumnado. Para acceder á información preme aquí.

Recollida para afectados/as pola Dana en colaboración co CB Chantada

No IES Val do Asma temos un punto de recollida de produtos para afectados/as pola Dana en colaboración co CB Chantada. Mira na imaxe os produtos que podes traer. Último día venres 15 de novembro!!!

Menú comedor curso 24-25

Mes de novembro

Mes de outubro

Mes de setembro

Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar 2024

Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (alumnado, pais e nais, profesorado e PAS) do Consello Escolar. As candidaturas presentaranse na secretaría do IES Val do Asma dende o 26 de outubro ata o 5 de novembro ás 14:00h.

Guía de uso seguro de internet e as redes sociais

A Consellería de Educación publicou a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para o alumnado de centros educativos. Preme  nesta ligazón para acceder ao documento.

Horarios grupos 24-25

Proxecto #SenVandalismo

O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar aos máis novos/as das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O alumnado de 1º e 2º ESO do IES Val do Asma xunto a outros 9 centros de Galicia, participará de outubro a marzo neste proxecto socio educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). Se queres saber máis sobre este proxecto preme aquí.

Probas Celga 2, 3 e 4

Lembramos que o prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente, está aberto ata o 4 de outubro. Para máis información preme no Portal da Lingua Galega - Probas Celga.

Distribuir contido


by Dr. Radut