Skip to Content

Animación á lectura

Club de lectura De Mentes 24/25

O IES Val do Asma, neste curso escolar, continua co club de lectura De Mentes. Como novidade ademais de ter club de lectura para alumnado e profesorado en horario de mañá, tamén hai club de lectura para toda a comunidade educativa (alumnos/as, profesorado e familias) en horario de tarde. Preme no cartaz deseñado por Brayan de 2º BAC. En horario de mañá, as reunións son os martes e venres durante os recreos para poñer en común as lecturas. Lectura inicial: "Muerte en el Nilo", de Agatha Christie.
Para calquer dúbida que teñades, ou se vos queredes unir ao club de lectura, preguntade polas profesoras Verónica (matemáticas) ou Isabel (inglés).

Préstamos biblioteca verán 2024

Club de lectura De Mentes 23/24

O IES Val do Asma, neste curso escolar, continua co club de lectura De Mentes, que se reune nos recreos dos martes na bilbioteca. É unha actividade totalmente voluntaria na que participan alumnado e profesorado, e está aberta a toda a comunidade educativa do I.E.S. Val do Asma.

Lecturas: “El guardián entre el centeno”, de J.D. Salinger, en castelán e anteriormente “Mentira”, de Care Santos, en galego.

Club de lectura De Mentes

O IES Val do Asma conta, neste curso escolar,  cun club de lectura dividido en dous grupos, o Club de lectura De Mentes, que se reune nos recreos. Os martes o alumnado de 1º e 2 º ESO e os mércores o alumnado de 3º e 4º ESO.

Os de 1º e 2º comenzaron por ler  "El curioso incidente del perro a medianoche" de Mark Haddon e os de 3º e 4º da ESO están a ler "El crisol", de Arthur Miller.

Club de lectura 22/23

Admitida a solicitude, e financiada con 600,00 €, para os clubes de lectura no IES Val do Asma.

Aceso á convocatoria.

Hora de ler curso 22/23

A biblioAsma presenta o calendario da Hora de Ler para fomentar os hábitos de lectura. Este proxecto, qeu se desenvolverá durante todo o curso escolar, permitirá ao alumnado de ESO e FP Básica poder gozar de 30 minutos ao día da lectura que elixa.

Hora de ler curso 21-22

A Biblioasma presenta o calendario da Hora de Ler para fomentar os hábitos de lectura no alumnado da ESO. Permitirá ao alumnado de ESO e FP Básica poder gozar de 30 minutos ao día da lectura individual e en silencio do libro que elixa.

Distribuir contido


by Dr. Radut