Skip to Content

Taboleiro

Guía de uso seguro de internet e as redes sociais

A Consellería de Educación publicou a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para o alumnado de centros educativos. Preme  nesta ligazón para acceder ao documento.

Día do Ensino 2024

31/10/2024

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo celebrarase o 31 de outubro de 2024.

 

Xogade

22/10/2024 08:45
22/10/2024 14:15

Actividade de orientación dentro do plan proxecta Xogade. A experiencia de orientación na natureza involucra aos participantes na procura de balizas a través dun mapa e un compás nunha contorna natural. Durante o percorrido, os alumnos desenvolven habilidades de orientación, toma de decisións e traballo en equipo, mentres se enfrontan a desafíos ambientais e climáticos.

Lugar: Lugo
Grupos: 3º ESO e 4º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física

Festivo local

18/10/2024

Festivo local no Concello de Chantada

Eleccións ao Consello Escolar

16/10/2024 11:15
16/10/2024 11:45

O vindeiro mércores 16 de outubro terá lugar ás 11:45 horas no despacho de direccion do centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral.

1ª sesión Proxecto #SenVandalismo

14/10/2024 15:05
14/10/2024 16:45

Primeira sesión do Proxecto #SenVandalismo

Lugar: Aula de referencia do grupo.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º ESO en horario de titoría (2º ESO de 15:15 a 15:55 e 1º ESO de 15:55 a 16:45)
Organiza: Departamento de Orientación

Proxecto #SenVandalismo

O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar aos máis novos/as das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O alumnado de 1º e 2º ESO do IES Val do Asma xunto a outros 9 centros de Galicia, participará de outubro a marzo neste proxecto socio educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). Se queres saber máis sobre este proxecto preme aquí.

Charla afectivo sexual

08/10/2024 08:45
08/10/2024 12:35

Charla de educación afectivo-sexual impartida polo Colexio de Enfermaría de Lugo en colaboración coa ANPA do centro.

Lugar: IES
Grupos: 2º ESO e 4º ESO
Organiza: ANPA do centro.

Probas Celga 2, 3 e 4

Lembramos que o prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente, está aberto ata o 4 de outubro. Para máis información preme no Portal da Lingua Galega - Probas Celga.

V Certame de Relato Curto de Terror Samaín 2024

Con motivo da celebración do Samaín 2024, o IES Val do Asma –a través da Biblioteca do centro e do Equipo de Dinamización de Lingua Galega–, pon en marcha o V Certame de Relato Curto de Terror. Para saber máis preme nas bases do certame.

Distribuir contido


by Dr. Radut