Protocolo en caso de accidente escolar con asistencia sanitaria
Instruccións para o profesorado:
Antes do accidente escolar, o profesorado debe ser coñecedor deste protocolo para o profesorado.
En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, o profesorado deberá:
1- Entregar aos pais/nais/titores legais o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar previamente cuberto na parte que corresponde ao centro. Este impreso está a dispor tamén na estantería das capertas de gardas, na conserxería, e na oficina de administración do dentro.
2- Cubrir o formulario de rexistro de incidencias do centro e entregar na oficina de administración do centro para o seu arquivo.
Instruccións para as familias ou titores/as do alumnado:
Antes do accidente escolar, as familias e titores legais deben ser coñecedoras deste protocolo para as familias e titores legais.
En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, as familias ou titores legais deberán solicitar cuberto, polo centro educativo, o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar, para tratar de evitar que en todo caso o SERGAS lles emita factura de pago pola asistencia recibida.
Para máis información sobre o Protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias da Consellería de Educación, preme aquí.