Skip to Content

Documentos do centro

Guía de uso seguro de internet e as redes sociais

A Consellería de Educación publicou a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para o alumnado de centros educativos. Preme  nesta ligazón para acceder ao documento.

Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

Nova modificación parcial das NOF por mor da entrada en vigor da Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos entros educativos. Acceso as Normas de Organización e Funcionamento vixentes dende 29 de xaneiro de 2024.

Programación Xeral Anual - PXA 23-24

Acceso á PXA 23-24.

Concrecións anuais de distintos plans para o curso 23-24

Protocolos curso 23-24

Plans plurianuais IES Val do Asma

Accidentes de traballo do persoal (profesorado e PAS)

Instruccións e documentación a cubrir en caso de accidente laboral:

Protocolo de evacuación

Co fin de garantir a seguridade de todo o alumnado, profesorado e persoal que se atopa nas instalacións do IES Val do Asma, indícase o Protocolo de evacuación que, encaso de emerxencia, deberá seguir toda a comunidade educativa.

Protocolo en caso de accidente escolar con asistencia sanitaria

Instruccións para o profesorado:

Antes do accidente escolar, o profesorado debe ser coñecedor deste protocolo para o profesorado.

En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, o profesorado deberá:

1- Entregar aos pais/nais/titores legais o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar previamente cuberto na parte que corresponde ao centro. Este impreso está a dispor tamén na estantería das capertas de gardas, na conserxería, e na oficina de administración do dentro.
2- Cubrir o formulario de rexistro de incidencias do centro e entregar na oficina de administración do centro para o seu arquivo.

 

Instruccións para as familias ou titores/as do alumnado:

Antes do accidente escolar, as familias e titores legais deben ser coñecedoras deste protocolo para as familias e titores legais.

En caso de accidente escolar que precise de asistencia sanitaria, as familias ou titores legais deberán solicitar cuberto, polo centro educativo, o impreso da solicitude de prestación do seguro escolar, para tratar de evitar que en todo caso o SERGAS lles emita factura de pago pola asistencia recibida.

 

Para máis información sobre o Protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias da Consellería de Educación, preme aquí.

 

Protocolos curso 22-23

Distribuir contido


by Dr. Radut