Skip to Content

MASTERCLASS DE RITMOS CUBANOS

21/01/2019 15:05
21/01/2019 16:45

Alumnado de 3º da ESO e de 1º BAC participará nunha Masterclass impartida por Claudia Tarín.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 3º da ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Música

V FORO HOTUSA EXPLORA - MADRID

20/01/2019 06:00
23/01/2019 23:55

Alumnado do C. S. Axencias de viaxes e xestión de eventos e do C.S. de Administración e finanzas (modalidade dual), farán unha viaxe a Madrid, para asistir ao foro de innovación turística, HOTUSA Explora, e ademáis visitarán o Congreso dos Deputados e outros lugares de interés cultural na capital.

Lugar: Madrid
Grupos: Alumnado dos C.S. en réxime dual.
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo e Departamento de Administración.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da viaxe.

17/01/19 EL PROGRESO - ALUMNADO DO IES VAL DO ASMA APRENDE A ESQUIAR EN ANDORRA

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

17/01/2019 10:00
17/01/2019 14:15

Alumnado de 1º BAC e do CS Administración e finanzas acudirán a visitar o Parlamento de Galicia.

Lugar: Santiago de Compostela

Grupos: 1º BAC e Ciclo Superior de Administración e Finanzas (modalidades ordinaria e dual).

Organiza: Departamento de Administración.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.

VIAXE Á NEVE

12/01/2019 00:05
19/01/2019 23:25

Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO disfrutará durante unha semana dunha viaxe a unha Estación Invernal e de Montaña de Andorra, onde se iniciarán ao deporte do esquí e realizarán outras actividades na neve.
Lugar: Andorra
Grupos: 1º, 2º e 3º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da viaxe.

 

FELICES FESTAS E BO 2019!

A comunidade educativa do IES Val do Asma deséxalles FELICES FESTAS.

O período vacacional de Nadal abrangue dende o sábado 22 de decembro ata o 7 de xaneiro ámbolos dous incluídos.

 

HORARIO ATENCIÓN VACACIÓNS NADAL 18-19

Durante as vacacións de Nadal o horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante as vacacións de Nadal. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

ENTREGA NOTAS 1ª AVALIACIÓN 18-19

21/12/2018

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o venres 21 de decembro de 2018 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente nos seguintes horarios:

10:20 horas CS dual WEB 2º curso
   
14:00 horas

ESO e BAC

CB, CM e CS en réxime ordinario

CS dual AXENCIAS 1º curso

   
18:20 horas

CS dual AXENCIAS 2º curso

CS dual ADFI

CINE - EDUCACIÓN EN VALORES

21/12/2018 10:25
21/12/2018 14:00

Como actividade de fin de trimestre, o alumnado acudirá a ver unha película, de balde, coa que traballar valores educativos dentro dos Contratos programa de Mellora da convivencia.

Lugar: Multicines de Monforte de Lemos

Grupos: ESO e FP básica (tódolos cursos)

Organiza: Departamento de Orientación

PARLAMENTANDO (II)

18/12/2018 16:00
18/12/2018 17:15

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Constitución Española recibiremos a visita do exdeputado David Bruzos Higuero que nesta segunda actividade do Parlamentando falaranos da súa experiencia no Congreso dos Deputados en Madrid. Para máis información preme aquí.

Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma

Grupos: CS Administración e finanzas nas modalidade de dual e ordinario, 1º BAC e 4º ESO.

Organiza: Departamento de Administración e xestión.

Para ver máis imaxes do evento preme na fotografía.

Distribuir contido


by Dr. Radut