Skip to Content

CONTRATOS-PROGRAMA 2018-2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder ao IES Val do Asma as seguintes modalidades dos contratos-programa para o curso 18/19:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA) - Acompañamento escolar fóra do horario lectivo para alumnado de 1º e 2º ESO.
2a. Mellora das competencias clave - Competencia matemática para alumado de ESO e de FP Básica.
2c. Mellora das competencias clave - Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía para alumnado da ESO.
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.
7. Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

ABAU 2019

Publicadas as datas das probas de acceso á Universidade (ABAU). No 2019 a convocatoria de setembro, trasládase ao mes de xullo. As datas de realización das probas son do 12 ao 14 de xuño e do 10 ao 12 de xullo. Para máis información preme aquí.

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CON 6º DE PRIMARIA

30/01/2019 12:00
30/01/2019 14:00

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude, como en cursos anteriores, ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 6º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla e 4º da ESO e 1º BAC do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Bioloxía.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

29/01/2019 09:35
30/01/2019 12:35

Co gallo da celebración do DÍA DA PAZ, alumnado de 4º da ESO, xunto coa responsable do EDLG do centro, visitarán aos nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP Eloísa Rivadulla para unha sesión de contacontos.

 Con motivo desta conmemoración, tamén podedes desfrutar dos carteis elaborados polo alumnado de Bacharelato e a profesora de Latín, que xa se atopan nos corredores do noso IES. 

 Preme nas imaxes para ver máis fotografías.

 Organizan: Departamento de EDLG e Departamento de Latín.

Lugar: CEIP Eloísa Rivadulla e IES Val do Asma.

Grupos: 4º ESO e Bacharelato

 

PROBAS ACCESO A CICLOS 2019. GRAOS MEDIO E SUPERIOR

Calendario das probas de acceso a ciclos:
- Grao superior:
Inscripcións dende o 28 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Data da proba: 10 de abril de 2019.
Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao superior preme aquí.
- Grao medio:
Inscripcións dende o 7 ata o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Data da proba: 28 de maio de 2019.
Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao medio preme aquí.

21/01/19 O IES VAL DO ASMA EN HOTUSA EXPLORA (Minuto 20:44 a 21:08)

VISITA A IGREXAS ROMÁNICAS DA RIBEIRA SACRA

25/01/2019 08:45
25/01/2019 14:15

O próximo día 25 de xaneiro, no marco do proxecto que se está a realizar co alumnado de 3º ESO, farase unha saída a varias igrexas románicas da zona: 

- San Xoán da Cova

- Diamondi

- San Salvador de Asma

Lugar: Ribeira Sacra

Organiza:Departamento de Plástica

Grupos: Alumnado e profesorado de 3º ESO.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.

 

23/01/19. SEIJAS PRESUME DE CHANTADA ANTE SÁNCHEZ.

VISITA A FITUR

24/01/2019 00:05
25/01/2019 10:00

Alumnado do C. S. Axencias de viaxes e organización de eventos continuará a súa viaxe a Madrid, para asistir á feira de turismo, FITUR.

Lugar: Madrid
Grupos: Alumnado de 1º e 2º C.S. Axencias de viaxes e organización de eventos.
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.


Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.


 

CHARLA O ROMÁNICO NA RIBEIRA SACRA

23/01/2019 11:45
23/01/2019 14:15

O próximo día 23 de xaneiro o alumnado de 3º ESO participará nunha charla sobre o románico na Ribeira Sacra. A charla será impartida pola empresa Máis que románico, e será financiada pola Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada.

Organiza: Departamento de Plástica

Grupos: Alumnado de 3º ESO. 

Lugar: IES Val do Asma

 

Distribuir contido


by Dr. Radut