Skip to Content

TITORÍAS E DELEGADOS/AS DE GRUPO 2018-2019

Para consultar o listado de titores/as e delegados/as preme aquí.

19/11/18 O PLENO DE CHANTADA ACORDA REIVINDICAR A IGUALDADE DE OPCIÓNS EDUCATIVAS PARA O ALUMNADO DO RURAL

 

PLAN PROXECTA 2018-2019

Listado de proxectos admitidos para a participación do IES Val do Asma dentro do Plan Proxecta durante o curso 2018/2019:
13. Proxecto Terra
18. Consumópolis
28. Correspondentes xuvenís 3.0

CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Departamento de orientación do IES Val do Asma inicia unha Campaña en Instagram con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. Prepara unha tarxeta cunha mensaxe que contribúa a acabar coa invisibilidade do maltrato, a frase pode ser da túa propia autoría ou dun terceiro, neste último caso, non esquezas mencionar a fonte da túa cita. Para máis información preme aquí.

Anímate a participar!!! A mensaxe máis votada terá premio.

Parabéns a Hugo Listón, gañador do concurso de mensaxes contra a violencia de xénero!!! Premendo na imaxe poderás ver as fotografías de Instagram. 

VISITA INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

15/11/2018 09:00
15/11/2018 16:30

O día 15 de novembro o alumnado de 3º de ESO asistirá a dous Obradoiros, un sobre Linguaxe Publicitaria e Publicidade Ilícita, e outro sobre Consumo Responsable no Supermercado, terán lugar na Escola Galega de Consumo.

O alumnado de Turismo realizará unha ruta turística por Santiago de Compostela.

Lugar: Santiago de Compostela

Grupo:3º ESO e CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

Participa: Departamento de Turismo

Preme nas fotos para ver máis imaxes.

REMATE PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

14/11/2018 08:45
14/11/2018 13:00

Prazo de admisión de candidaturas dende o luns 5 ata o mércores 14 de novembro de 2018 ás 13:00 horas. As persoas interesadas deberán pasar pola secretaría do IES Val do Asma para rexistar a súa candidatura.

CHARLA DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

12/11/2018 11:15
12/11/2018 11:45

O vindeiro luns 12 de novembro o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participará nunha charla impartida polo Centro Superior de Hostalería de Galicia, explicaranse as distintas titulacións que ofrecen e as posibles saídas profesionais das mesmas.

É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa, polo que poderán achegarse todas aquelas persoas que poidan estar interesadas.

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Grupo: CS Administración e Finanzas

Organiza: Departamento de Administración e Departamento de Orientación

MAGOSTO 2018

09/11/2018 11:45
09/11/2018 14:15

Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 9 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa.

Despois do recreo haberá xogos para o alumnado da ESO e 1º de BACH, e durante a última hora da mañá poderemos degustar castañas, e outros manxares, que nos preparará o alumnado e profesorado de Automoción.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: ESO, BACH, Ciclos Formativos

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e Departamento de Automoción

 Podes ver imaxes do día no seguinte vídeo.

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Admisión de candidaturas dende o luns 5 ata o mércores 14 de novembro de 2018 ás 13:00 horas. As persoas interesadas deberán pasar pola secretaría do IES Val do Asma para rexistar a súa candidatura

Poden ser candidatos/as todos os pais, todas as nais ou titores/as, os alumnos e alumnas, os membros do profesorado e do persoal de administración e servizos.

Animamos a todas e a todos a presentavos!!!

OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA (II)

06/11/2018 09:35
06/11/2018 11:15

O día 6 de novembro o alumnado de 3º de ESO participará na segunda parte do obradoiro de educación afectivo emocional impartido pola Cruz Vermella.

Lugar: IES Val do Asma

Grupo: 3º ESO

Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut