Skip to Content

ENTREGA DE NOTAS XUÑO 2018

26/06/2018 11:00
26/06/2018 12:00

Os boletíns das notas finais de xuño serán entregadas polo titor ou titora ao grupo correspondente na súa aula de referencia o martes 26 de xuño ás 11:00h.

 

RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS XUÑO 2018

26/06/2018 12:00
28/06/2018 13:00

O prazo para as reclamacións das cualificacións de Xuño son:

- Martes 26 de 11:00 a 14:00.

- Mércores 27 e xoves 28 de 10:00 a 13:00.

FIN PRAZO FONDO LIBROS

22/06/2018 09:30
22/06/2018 14:00

Último día do prazo de presentación único (22 de maio ata o 22 de xuño de 2018) para solicitar as axudas do FondoLibros. Para máis información preme aquí.

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019.

Solicitude en papel e electrónica.

Prazo de presentación único: do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018

Recórdase que ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para mais información preme aquí.

18/06/18 OS ALUMNOS DO VAL DO ASMA SIMBOLIZAN O FIN DUNHA ETAPA NO ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

15/06/18 OS ALUMNOS DE ERASMUS DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS VOLVEN A CHANTADA CON NOVOS RETOS

ENTREGA NOTAS 3ª AVALIACIÓN CM E CS (2018-19)

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 3ª avaliación, 1º CS Administración e Finanzas e 1º CM Electromecánica de Vehículos automóbiles, efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente o venres, 15 de xuño ás 13:00 horas.

ACTO DE GRADUACIÓN DE BACHARELATO

15/06/2018 19:30
15/06/2018 21:30

Con motivo da finalización do período lectivo no 2º curso de Bacharelato, o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto, acudirán a unha cea conxunta do alumnado e o profesorado. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Salón de actos.
Grupos: 2º BAC
Organiza: DACE.

ACTIVIDADES STEM (CIENCIAS, MATEMÁTICAS E TECNOLOGÍA) EN INGLÉS

Convocadas ayudas para la realización de actividades formativas STEM (Science, Tecnology, Engenieering and Math) en lengua inglesa, STEMweek, en el año 2018 destinadas al alumnado de 3º e 4º ESO. Para máis información preme aquí.

Prazo de presentación: un mes (12 de xullo de 2018)

SIMULADOR NOTA ADMISIÓN TITULACIÓNS SUG

Se queredes calcular a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tedes a vosa disposición este simulador, onde debedes introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut