Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 3 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa.
Despois do recreo haberá xincana para o alumnado da ESO e CB e dende as 13.25h poderemos degustar castañas e outros manxares.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: ESO, BAC e FP
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).