Skip to Content

Charla "Adicións aos videoxogos"

22/02/2024 09:35
22/02/2024 10:25

Charla sobre as adicións aos videoxogos.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º e 4º ESO.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamentos de Orientación.

Aprender a emprender no rural dende a economía social - 2ª Sesión

22/02/2024 09:15
22/02/2024 10:05

Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos centros de ensino promovido por DaVeiga Producción Responsable, S.L.L. Este programa levarase a cabo entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo de 2014.

Destinatarios/as: Alumnado de CS Desenvolvento de Aplicacións Web.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).

MUNCYT e Acuario

21/02/2024 08:45
21/02/2024 18:00

Visita escolar ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e ao Aquarium Finisterrae.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 1º CB Informática de Oficina.
Lugar: A Coruña.
Organiza: Departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía.

Aprender a emprender no rural dende a economía social - 1ª Sesión

19/02/2024 15:00
19/02/2024 15:50

Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos centros de ensino promovido por DaVeiga Producción Responsable, S.L.L. Este programa levarase a cabo entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo de 2014.

Destinatarios/as: Alumnado de CS Desenvolvento de Aplicacións Web.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).

Psicoloxía positiva

19/02/2024 10:25
19/02/2024 12:35

Charla sobre educación emocional para adolescentes impartida por profesionais da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia, ASEIA.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Prevención de drogodependencias (III)

16/02/2024 09:35
16/02/2024 12:35

Charla impartida por UAD- Unidad asistencial de drogodependencias do concello de Monforte de Lemos

Destinatarios/as: Alumnado de CB Informática de Oficina (11:45 a 12:35), CB Mantemento de vehículos (9:35 a 10:25) e CM Electromecánica de vehículos (10:25 a 11:15).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

 

Experimenta en feminino

16/02/2024 08:45
16/02/2024 14:15

Con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, eXXperimenta en feminino organiza unhas xornadas de divulgación científica nas que se presentan talleres en relación coa actividade científica e tecnolóxica levada a cabo por mulleres do Campus de Ourense.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º e 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Ourense.
Organiza: Departamento de Matemáticas.

Plantando árbores con pinceis

15/02/2024 10:25
15/02/2024 12:35

Plantando árbores con pinceis é un proxecto escolar de AFundación pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO (todos os cursos).
Lugar: Patio exterior.
Organiza: Departamento de Orientación.

Vacacións Entroido 2024

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro de 2024, ámbolos dous incluídos

Entroido 2024

09/02/2024 12:35
09/02/2024 14:15

 

Celebración dun baile de disfraces no que participará toda a comunidade educativa. Entre as 12:35 e as 13:00 horas o alumnado, acompañado do profesorado correspondente, preparará os seus disfraces e caracterización na aula de referencia. O baile de disfraces celebrarase de 13:00 a 14:00 no patio se o tempo o permite. Nos últimos 10 minutos antes de marchar colaboraremos na recollida e limpeza.

Destinatarios/as: Toda a comunidade educativa.
Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).

Distribuir contido


by Dr. Radut