Skip to Content

Laboratorio de fotografía e identidade - 3ª sesión

22/04/2024 11:45
22/04/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán a terceira sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Xincana polo 8M

19/04/2024 10:00
19/04/2024 11:50

Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller, que foi cancelada por mor do mal tempo o pasado 8 de marzo.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamentos de Orientación e de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).

Obradoiro Latento - 1ª sesión

19/04/2024 08:45
19/04/2024 10:25

Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Visita ao CESGA

18/04/2024 08:45
18/04/2024 14:15

Visita do alumnado de informática ao Centro de Supercomputación de Galicia.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de oficina e 1º CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Lugar: Santiago de Compostela.
Organiza: Departamento de Informática.

Probas de acceso aos ciclos de grao superior

18/04/2024 09:00
18/04/2024 18:30

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).

Obradoiro Talento Mozo 2024

16/04/2024 08:45
16/04/2024 10:25

Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Laboratorio de fotografía e identidade - 2ª sesión

15/04/2024 11:45
15/04/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán a segunda sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Períodos de prácticas en empresas 23/24

Os períodos ordinarios para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2023/2024 serán os seguintes:

C.B. Mantemento de vehículos: do 22 de abril ao 18 de xuño de 2024, ambos incluídos.
C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 5 de abril ao 19 de xuño de 2024, ambos incluídos.
C.S. Administración e finanzas: do 8 de abril ao 14 de xuño de 2024, ambos incluídos.
 

Proxecto Ríos - Saída polo Río Asma

11/04/2024 11:45
11/04/2024 14:15

Saída polo Río Asma dentro do Proxecto Ríos.

Dirixido a: Alumnado de 2º CB Informática de oficina, 2º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía.
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Celebración das Probas diagnósticas

10/04/2024 09:00
11/04/2024 12:05

As probas diagnósticas de 4º de Primaria e 2º de ESO fixadas polo Ministerio de Educación a través da LOMLOE serán o 10 e 11 de abril en horario de 9:00 a 12:05 horas. Para máis información preme aquí.

Acceso á resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24

Distribuir contido


by Dr. Radut