Participación no programa Que non te líen, ti elixes, iniciativa conxunta das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade a través da cal se busca fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación. Para saber máis preme aquí.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.