Skip to Content

Proxecto #SenVandalismo

O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar aos máis novos/as das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O alumnado de 1º e 2º ESO do IES Val do Asma xunto a outros 9 centros de Galicia, participará de outubro a marzo neste proxecto socio educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES). Se queres saber máis sobre este proxecto preme aquí.

Charla afectivo sexual

08/10/2024 08:45
08/10/2024 12:35

Charla de educación afectivo-sexual impartida polo Colexio de Enfermaría de Lugo en colaboración coa ANPA do centro.

Lugar: IES
Grupos: 2º ESO e 4º ESO
Organiza: ANPA do centro.

Probas Celga 2, 3 e 4

Lembramos que o prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente, está aberto ata o 4 de outubro. Para máis información preme no Portal da Lingua Galega - Probas Celga.

V Certame de Relato Curto de Terror Samaín 2024

Con motivo da celebración do Samaín 2024, o IES Val do Asma –a través da Biblioteca do centro e do Equipo de Dinamización de Lingua Galega–, pon en marcha o V Certame de Relato Curto de Terror. Para saber máis preme nas bases do certame.

Horario de atención ás familias e titores/as legais 24-25

Para consultar o horario de titoría do profesorado do centro prema aquí.

Presentación curso escolar 24-25 e inicio das clases

O mércores 11 de setembro inicia o curso 24-25, cos seguintes horas de presentación:

  • 8:45: 1ºESO
  • 9:35: 2º ESO. 3º ESO, 4º ESO, 4º PDC e 1º e 2º CB (Informática de oficina e Mantemento de Vehículos)
  • 10:25: 1º e 2º BAC, 1º e 2º CM (Xestión administrativa e Elecromecánica de vehículos automóbiles) e 2º CS Administración e finanzas
  • 15:05 1º CS (Administración e finanzas, Automoción e Desenvolvento de aplicacións web)

Unha vez realizadas as presentacións todo o alumnado terá clases a continuación.

O alumnado de 2º CS WEB comezará as clases (sen presentación) o xoves 12 de setembro ás 8:45 horas.

O mércores 11 haberá transporte escolar e comedor en horario habitual.

Calendario setembro CS DAW dual 2024

Acceso ao calendario de setembro do CS Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade dual onde se recolle a información sobre as datas dos exames extraordinarios de módulos e da exposición do Proxecto DAW, entre outra información.

Libros de texto curso 24-25

Preme nos adxuntos para acceder aos listados dos libros de texto para o curso 2024-2025:

  • 1º e 2º ESO
  • 3º e 4º ESO
  • Bacharelato
  • Formación Profesional (CB, CM e CS)

 

Admisión a Formación Profesional 2024-2025

Aberto o proceso de admisión a Ciclos básicos (CB), Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS) de Formación Profesional. O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas para todos os ciclos e modalidades.

Entrega de solicitudes: O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización. En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación. Acceso ao asistente informático.

No IES Val do Asma, para o curso escolar 24-25, ofertaranse os seguintes ciclos de FP, dous de eles novos:

  • CB Informática de oficina
  • CB Mantemento de vehículos
  • CM Electromecánica de vehículos automóbiles
  • CM Xestión administrativa NOVIDADE 24-25!
  • CS Administración e finanzas
  • CS Desenvolvemento de aplicacións web (Dual intensiva)
  • CS Automoción (Dual intensiva) NOVIDADE 24-25!

Para máis información preme en:

 

26/06/2024 La Voz de Galicia: O instituto Val do Asma recibe 20.000 de fondos Erasmus.

Distribuir contido


by Dr. Radut