Skip to Content

Proxecto #SenVandalismo - 2ª sesión

04/11/2024 15:05
04/11/2024 16:55

Para acceder á información do proxecto preme aquí.

Lugar:IES Val do Asma
Grupos: 1º de ESO (ás 15:55h) e 2º de ESO (ás 15:05h).
Organiza: Departamento de Orientación.

Calendario eleccións Consello Escolar 2024

O proceso electoral para a elección de representantes do alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e pais,nais e titores/as legais comeza o 25 de outubro de 2024 e remata no mes de decembro. Para acceder ao calendario completo preme aquí.

Para acceder a todas as convocatorias, preme no documento adxunto do sector no que esteas interesado/a: PAS, alumnado, profesorado e familias/titores/as.

Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar 2024

Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (alumnado, pais e nais, profesorado e PAS) do Consello Escolar. As candidaturas presentaranse na secretaría do IES Val do Asma dende o 26 de outubro ata o 5 de novembro ás 14:00h.

Visita institucións Madrid - CANCELADA!

28/10/2024 08:45
29/10/2024 23:59

Visita cancelada por mor da folga de transportes de viaxeiros do luns 28 de outubro de 2024!!!

Alumnado do CM Xestión Administrativa, do CS Administración e Finanzas e de BAC (1º e 2º) farán unha saída pedagóxica a Madrid para visitar o Senado, a Bolsa de Valores e o Congreso dos Deputados e irá acompañado de dous/dúas profesores/as.

Lugar: Madrid
Grupos: Alumnado de CM e CS familia Administración e de BAC (Economía).
Organiza: Departamento de Administración e xestión coa colaboración dos departamentos DACE e Economía.

11/10/24 El Progreso: Profesora Equipo Erasmus+

O proxecto denominado O papel da educación e a innovación nunha convivencia sostible con código 2024-1-ES01-KA122-SCH-000210728, contará cun presuposto de 19.769,00 euros para realizar mobilidades de corta duración para o alumnado e personal de Educación Escolar (ESO e BAC).

Guía de uso seguro de internet e as redes sociais

A Consellería de Educación publicou a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para o alumnado de centros educativos. Preme  nesta ligazón para acceder ao documento.

Xogade

22/10/2024 08:45
22/10/2024 14:15

Actividade de orientación dentro do plan proxecta Xogade. A experiencia de orientación na natureza involucra aos participantes na procura de balizas a través dun mapa e un compás nunha contorna natural. Durante o percorrido, os alumnos desenvolven habilidades de orientación, toma de decisións e traballo en equipo, mentres se enfrontan a desafíos ambientais e climáticos.

Lugar: Lugo
Grupos: 3º ESO e 4º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física

Festivo local

18/10/2024

Festivo local no Concello de Chantada

Eleccións ao Consello Escolar

16/10/2024 11:15
16/10/2024 11:45

O vindeiro mércores 16 de outubro terá lugar ás 11:45 horas no despacho de direccion do centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral.

1ª sesión Proxecto #SenVandalismo

14/10/2024 15:05
14/10/2024 16:45

Primeira sesión do Proxecto #SenVandalismo

Lugar: Aula de referencia do grupo.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º ESO en horario de titoría (2º ESO de 15:15 a 15:55 e 1º ESO de 15:55 a 16:45)
Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut