A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2023-2024. O prazo de inscrición será do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Para máis información preme aquí.
Inauguración da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada(dende o 9 ao 26 de xuño). Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar.
Destinatarios/as: Público en xeral Lugar: Casa da Cultura de Chantada Organiza: Departamento de Xeografía e Historia
As notas de todos os grupos (1ºCB, 1ºCM, 1º BAC e 1ºCS) serán publicadas o martes 6 de xuño de 2023 as 19h a través de Abalar. A entrega en papel realizarase ao día seguinte no recreo (1ºCB, 1ºCM e 1º BAC) .
As reclamacións ás cualificacións ordinarias (1º CB e 1ºBAC) poderán realizarse o mércores 7 e xoves 8 de xuño en horario escolar.
Charla do xornalista e sociólogo Carlos A. Rodríguez Calvo, que desenvolveu a sua traxectoria periodística en Atlántico Diario, La Región, RCE Ourense, RNE, Radio Galega, entre outros.
Destinatarios/as: Alumnado 3º ESO Lugar: IES Val do Asma Organiza: Departamento de Música