Skip to Content

24/05/23 Un instituto de Chantada organiza o seu propio festival de Eurovisión... e gaña España

 

Celebración da Proba de acceso a Ciclos Medios de FP 2023

25/05/2023

Data de celebración das probas de acceso a CM. Acceso á toda a información.

Ruta Letras Galegas 23

24/05/2023 08:45
24/05/2023 18:30

Ruta polo Concello de Lourenzá sobre Francisco Fdez. del Riego, autor ao que se dedica o Día das Letras galegas 2023 e visita á vila de Mondoñedo e á casa de Álvaro Cunqueiro tamén en  Mondoñedo.

Desinatarios/as: Alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
Lugar: Mariña Lucense
Organiza:Departamento de Galego.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo curso 23-24

Prazo de presentación ata 20 de setembro de 2023

Axudas libros e material escolar na ESO para o curso 23-24


Convocada a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO. O prazo de presentación abrangue desde o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023. Para máis información preme aquí.

Acto de Graduación 2023

19/05/2023 18:30
19/05/2023 20:00

Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)

Reclamacións cualificacións 2º BAC - Convocatoria ordinaria

Unha vez publicadas as cualificacións de 2º BAC, o período de reclamacións abrangue o xoves 18 e o venres 19 de maio de 2023 dende as 8:45 ata as 14:15h.

Videochamada socias proxecto 229 Erasmus+

16/05/2023 18:30
16/05/2023 20:00

As tres coordinadoras Eramus+ dos centros educativos Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia),  LPO Lama-Prevot de Cayenne (Francia) e IES Val do Asma realizarán unha videochamada, o martes 16 de maio de 2023, para tratar sobre o proxecto Erasmus+ conxunto, que finalizará o 31/08/23. Para saber máis deste proxecto con código 2020-1-FR01-KA229-080491_2 preme aquí.

Finanzas para mortais (II)

16/05/2023 11:45
16/05/2023 13:15

Segunda sesión do programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).

 

Camiño Francés de Santiago

15/05/2023 08:45
15/05/2023 16:45

O alumnado realizará o tramo do Camiño de Santiago entre Hostpital da Cruz (Portomarín) e Palas de Rei.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º de ESO
Lugar: Provincia de Lugo
Organiza: Departamento de Educación Física

Distribuir contido


by Dr. Radut