Skip to Content

Andaina pola Ribeira Sacra

11/05/2023 08:45
11/05/2023 14:15

Andaina de 13 km con saída e chegada no IES Val do Asma.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º BAC.
Lugar: Ribeira Sacra no Concello de Chantada.
Organiza:Departamento de Educación Física.

Taller de reanimación pulmonar

10/05/2023 13:35
10/05/2023 14:15

Taller de primeiros auxilios.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO
Lugar: Salón de actos ou aulas de referencia.
Organiza: ANPA (Asociación de Nais e Pais do Alumnado) do IES Val do Asma.

 

Adolescencia Positiva (II)

10/05/2023 09:35
10/05/2023 11:15

Segunda sesión do obradoiro, importartido pola relatora Teresa Fernández, psicóloga de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) no que buscamos axudar ós/as adolescentes no desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, así como na construción da súa nova identidade, lonxe da infancia, e na que se establecen novos patróns de relación tanto cos/as adultos/as como cos/as iguais e o entorno social. Cunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe  totalmente participativa e vivencial, búscase xerar espazos de encontro e confianza onde poder realizar un intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas, e traballar xuntos nas posibles solucións.

Destinatarios/as: alumnado 2º e 3º de ESO (2º ESO 09.35-10.25 h e 3º ESO 10.25-11.15 h)
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Orientación.

Jobshadowing en Portugal consorcio APAGA

Un profesor de Automoción do IES Val do Asma visitará centros educativos e empresas portuguesas durante unha semana (do 8 ao 12 de maio de 2023) en virtude dun proxecto Erasmus+ coordinado por APAGA e financiado pola Unión Europea.

9 de Maio: Día de Europa

09/05/2023 08:45
09/05/2023 14:15

Celebraremos o Día de Europa, 9 de maio, cunha actividade na que o alumnado se achegará aos datos e símbolos da Unión Europea, disfrutaremos do Himno da UE interpretado polo alumnado de 4º ESO e continuaremos co gran FestiVAL DO ASMAVisión. O alumnado votará polas súas cancións favoritas dos 27 países da UE. A actividade realizarase en varios dos idiomas oficiais da UE.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO (1º, 2º, 3º e 4º), 1º BAC, 1º CM e 1º CB (IFO e AUTO)
Lugar: Salón de actos e aulas de referencia.
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración do Equipo da BiblioAsma, Departamentos de Linguas (Castelá, Francés e Inglés), Música e Informática.

Finanzas para mortais (I)

09/05/2023 11:45
09/05/2023 13:15

Primeira sesióndo programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).

Adolescencia Positiva (I)

08/05/2023 09:35
08/05/2023 11:15

Con este obradoiro, importartido pola relatora Teresa Fernández, psicóloga de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) buscamos axudar ós/as adolescentes no desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, así como na construción da súa nova identidade, lonxe da infancia, e na que se establecen novos patróns de relación tanto cos/as adultos/as como cos/as iguais e o entorno social.
Cunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe  totalmente participativa e vivencial, búscase xerar espazos de encontro e confianza onde poder realizar un intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas, e traballar xuntos nas posibles solucións.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º e 3º de ESO (3º ESO 09.35-10.25 h e 2º ESO 10.25-11.15 h)
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Orientación.

XI Campus de Verán XuvenCiencia

Aberto o prazo para participar no campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo e o custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertan durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos. A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Coñece a túa provincia

03/05/2023 08:40
03/05/2023 18:30

Alumnado, acompañado de membros da ANPA e do profesorado,  participará na Ruta 5 (Barreiros e Ribadeo) dentro do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia de Lugo.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO

Lugar: Lugo e Mariña Lucense

Organiza: Asociación de nais e pais (ANPA)

Día non lectivo

02/05/2023

O martes 2 de maio de 2023 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut