Skip to Content

ANPA

Ampliación prazo concurso do logo.

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Bos días familias,

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Queda adiado para o día 21 de xuño do 2024.

Esperamos a vosa participación!!!

 

Concurso Presentación tamMovil de IES Soutomaior ANPA

A Xunta directiva.

Unha axuda para a orientación dos nosos fill@s.

Unha axuda para a orientación dos nosos fill@s.

 

Bos días familias,

Dende o departamento de Orientación do centro fixeron unha pequena aplicación para que a modo de xogo os rapaces e rapazas poidan ver hacia onde poden orientar a súa vida educativa.

Aquí tedes a ligazón: 

https://elorienta.com/movil//?yafxb=51885

 

A Xunta directiva.

Charlas para centros e familias de ENAPAS.

CHARLAS PARA CENTROS E FAMILIAS DE ENAPAS. 

O CFR (centro de formación e recursos) en colaboración coas ENAPAS (escolas de nais e pais) organizan unha serie de charlas que vos poden interesar.

Levaranse a cabo en tres localizacións distintas para así facilitar a asistencia as mesmas: Museo Municipal de Marín, no IES de Sanxenxo en Sanxenxo e na Biblioteca Municipal de Lalín. 

As temáticas son as seguintes:

  • Familias: sobreprotexer e desprotexer, da man da periodista e divulgadora Eva Millet.
  • O método para conseguir os teus obxectivos, con Jose Luis Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima.

A documentación a podedes atopar nos carteis adxuntos, pero calquera dúbida consultado con nos ou co CFR directamente.

Agardamos que sexa do voso interese e podades asistir!

A Xunta directiva.

Anímate a participar!!!

Reel Concurso de IES Soutomaior ANPA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DA ANPA "FACENDO CAMIÑO".

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DA ANPA "FACENDO CAMIÑO".

CARÁCTER: Ordinario.

LUGAR: Aula polivalente do I.E.S. Soutomaior.

DATA: Martes, día 7 de mio de 2024.

HORA: 18:15h en primeira convocatoria, e 18:45h en segunda convocatoria.

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Exame das contas.
  3. Actuacións realizadas pola ANPA.
  4. Actividades propostas.
  5. Preguntas e suxestións.

A secretaria                                            V.º e Pr. a presidenta
           

  Alicia Lago                                               Beatriz Carrasco

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN DESDE A SOCIEDADE GALEGA DE SEXOLOXÍA.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN DESDE A SOCIEDADE GALEGA DE SEXOLOXÍA.

Desde a Sociedade Galega de Sexoloxía, SOGASEX, estamos a recompilar información das familias para axudarnos a mellorar as nosas intervencións en materia de educación afectivo sexual, e que a LOMLOE, contempla como unha materia transversal desde Educación Infantil ata a Educación Secundaria. Para iso deseñamos un cuestionario, co que pretendemos coñecer as opinións, actitudes, coñecementos, suxestións e rol que lle compete ás familias en materia de educación sexual, e que vai dirixido ás familias que teñen aos seus menores en todas estas etapas do ensino.

Partindo de que, dentro da familia, como piar de aprendizaxe dos seus menores, non é posible non facer educación sexual, consideramos que é fundamental saber como están a lles acompañar en cada etapa do desenvolvemento sexual. Con esta enquisa tamén esperamos que as familias reflexionen sobre as súas propias vivencias sexuais, como construíron as súas sexualidades, e como se posicionan ante as sexualidades das demais. E, como, ante a ausencia dunha educación sexual integral, acompañada dunha falta de comunicación positiva e transparente, coas seus cuestionamientos, no espazo familiar, pódese estar a delegar esta tarefa en mans das redes sociais e dun modelo hexemónico pornográfico.

Gustaríanos moito contar coa vosa participación para darlle difusión, e facelas chegar as familias do voso Centro.

As enquisas poderán realizarse atá o 30 de xuño de 2024.

Enquisa en Galego

Enquisa en Castelán

 

Sociedade Galega de Sexoloxía

www.sogasex.es

 

 

Actividades na contorna: XXII CROSS ESCOLAR e CARREIRA POPULAR de RIOMAIOR

XXII CROSS ESCOLAR e CARREIRA POPULAR de RIOMAIOR

A Asociación de Nais/Pais de Alumnos/as do CEP Plurilingüe de Riomaior, en Vilaboa, coa colaboración do Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa, está A ANPA do CEP Plurilingüe de Riomaior, en colaboración co Claustro de Profesores e do Concello de Vilaboa pon no seu coñecemento que o domingo 28 de Abril a partir das 10:00h da mañá celebrará o XXII Cross escolar. Convidannos aos alumnos e alumnas do noso Centro a participar neste evento. Ao final desta entrada tedes un arquivo con toda a información e as bases da carreira.

PROBAS

CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
ALEVIN 2012/2013
INFANTIL 2010/2011
POPULAR 1964/2009

INSCRIPCIÓNS

E‐Mail: ies.soutomaior.anpa@gmail.com

Data límite: 21 de abril

No correo indicaríase:

M/F NOME E APELIDOS ANO NACEMENTO
CATEGORÍA ALERXIAS NOTAS

(no cartel o día 22 e para enviarlles o listado completo dende aquí ).

Por motivos de organización necesitase saber o número de participantes con anticipación, só en casos excepcionais e debidamente xustificados deixarase inscribir o mesmo día da carreira.

Para poder puntuar por equipos, o número mínimo de atletas participantes será de 15 para centros de Ed. Primaria e 10 para centros da ESO.
POR FAVOR INDIQUEN SE ALGUN NENO/A PRESENTA ALGUNHA ALERXIA ALIMENTARIA

DORSAIS

Cada centro participante deberá traer cubertos os seus dorsais (non de pegar) co número asignado, o nome do alumn@, e categoría na que participa.

Todos os centros deberán designar un responsable ou delegado que acompañe ós participantes no día do evento.

HORARIOS DAS PROBAS E ORDE DE SAÍDAS

As probas darán comezo as 10h. da mañá do domingo 28 de abril. Os delegados dos centros poderán confirmar a composición dos seus equipos na Secretaría ata 30 min. antes do comezo da competición.

CATEGORÍA HORARIO APROXIMADO DISTANCIA APROXIMADA
BENXAMÍN FEMININO 10:00 600 m.
BENXAMÍN MASCULINO 10:10 600 m.
MINIBENXAMÍN FEMININO 10:20 400 m.
MINIBENXAMÍN MASCULINO 10:30 400 m.
3, 4 E 5 ANOS 10:45 100m, 150m e 200 m.
ALEVÍN FEMININO 11:10 800 m.
ALEVÍN MASCULINO 11:20 800 m.
INFANTIL FEMININO 11:30 1000 m.
INFANTIL MASCULINO 11:45 1000 m.
POPULAR FEMININO 12:00 1400 m.
POPULAR MASCULINO 12:00 2000 m.

CLASIFICACIÓNS

Estableceranse dúas clasificacións:

  • Individual, facendo figurar a tódolos atletas segundo a súa orde de chegada.
  • Por equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados,resultando vencedor o equipo que menos puntos acade. A Carreira Popular non puntuará nesta clasificación.

PERCORRIDO

OUTRAS NORMAS XERAIS

  • Á Secretaría só se poderán dirixir os/as delegad@s de cada Centro.
  • Quedarán anuladas as probas nas que non se acade, o día anterior, un mínimo de 6 participantes por categoría.
  • Os delegad@s dos Centros serán responsables da seguridade dos seus atletas, estean ou non afiliados ó Seguro Deportivo.
  • Ao lugar de saída só poderán acceder os atletas 5 min. antes do comezo da proba ao seren chamados por megafonía.
  • Os/As atletas poderán cambiarse nos vestiarios do Pavillón de Riomaior. A Organización non se responsabiliza dos obxectos ou vestimentas depositados nos mesmos.
  • Os /As delegad@s deberán velar porque os seus atletas non invadan as zonas correspondentes ós circuitos das probas, manteñan en condicións hixiénicas os espazos que ocupen e amosen en todo momento atitudes acordes coa nosa condición de educadores.
  • Se algún Centro presentase menos atletas dos establecidos como número mínimo, es@s alumn@s poderán participar individualmente na categoría que corresponda, pero o seu Centro non puntuará como tal na clasificación por equipos.
  • As infraccións das normas xerais de conducta deportiva durante o desenvolvemento das probas, así como outros aspectos non recollidos nas presentes normas serán regulados pola normativa da Federación Galega de Atletismo.

Saúdos,

A xunta directiva

Charlas Informativas Xunta.

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño.

A Xunta lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes.

Baixo o título "Tecnoloxía con sentidiño", a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno ao eixo común da tecnoloxía, como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outras.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio "Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula".

Saúdos,

A xunta directiva

Charlas Informativas Xunta.

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño.

A Xunta lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes.

Baixo o título "Tecnoloxía con sentidiño", a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno ao eixo común da tecnoloxía, como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outras.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio "Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula".


 

Saúdos,

A xunta directiva

Concurso logotipo da ANPA

Cartel (A3 horizontal) Logo de IES Soutomaior ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut