Skip to Content

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN DESDE A SOCIEDADE GALEGA DE SEXOLOXÍA.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN DESDE A SOCIEDADE GALEGA DE SEXOLOXÍA.

Desde a Sociedade Galega de Sexoloxía, SOGASEX, estamos a recompilar información das familias para axudarnos a mellorar as nosas intervencións en materia de educación afectivo sexual, e que a LOMLOE, contempla como unha materia transversal desde Educación Infantil ata a Educación Secundaria. Para iso deseñamos un cuestionario, co que pretendemos coñecer as opinións, actitudes, coñecementos, suxestións e rol que lle compete ás familias en materia de educación sexual, e que vai dirixido ás familias que teñen aos seus menores en todas estas etapas do ensino.

Partindo de que, dentro da familia, como piar de aprendizaxe dos seus menores, non é posible non facer educación sexual, consideramos que é fundamental saber como están a lles acompañar en cada etapa do desenvolvemento sexual. Con esta enquisa tamén esperamos que as familias reflexionen sobre as súas propias vivencias sexuais, como construíron as súas sexualidades, e como se posicionan ante as sexualidades das demais. E, como, ante a ausencia dunha educación sexual integral, acompañada dunha falta de comunicación positiva e transparente, coas seus cuestionamientos, no espazo familiar, pódese estar a delegar esta tarefa en mans das redes sociais e dun modelo hexemónico pornográfico.

Gustaríanos moito contar coa vosa participación para darlle difusión, e facelas chegar as familias do voso Centro.

As enquisas poderán realizarse atá o 30 de xuño de 2024.

Enquisa en Galego

Enquisa en Castelán

 

Sociedade Galega de Sexoloxía

www.sogasex.es

 

 



blog | by Dr. Radut