SAÚDE MENTAL E ADOLESCENCIA
A Federación de Anpas de Redondela conxuntamente coa escola de familias de Chapela organiza unha xornada sobre a saúde Mental na etapa da adolescencia o sábado día 27 de Maio no IES Chapela de 10:00 a13:00 horas.
O Obradoiro será impartido polo PSIQUIATRA ALEXANDRE GARCIA CABALLERO, Coordinador de Programas de Prevención e promoción da Saúde Mental no SERGAS. Alexandre participou na realización do protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil.
Dende a Federación queremos que este sexa un punto de partida para que toda a comunidade educativa do concello de Redondela se una, e xere sinerxías para combater esta lacra. Queremos unha comunidade Educativa UNIDA pola SAÚDE MENTAL.
Nos últimos anos son moitas as noticias que nos alertan dun problema grave de saúde mental na etapa adolescente. Un problema que se agudizou nos últimos anos coa Pandemia do coronavirus, onde os pequenos en etapa de formación se viron obrigados a cambiar os hábitos e estar moito tempo encerrados nos seus fogares. Pero este non foi o único cambio nos últimos anos, a nova era dixital, cambios na sociedade, cambios na estrutura das familias, etc.
Todo isto xera un entorno cambiante, o que alexandre chama: “medrar nun entorno de marcos cambiantes”. A adolescencia sempre foi unha etapa de cambio, pero as xeracións actuais están tendo que afrontar esta etapa nun contexto que muda de continuo, cambios que xeran inseguridade sobre o presente e sobre o futuro.
As novas xeracións crecen nun mundo onde os límites entre o real e o dixital cada vez están menos claros, un mundo onde o dixital rexe en moitos casos a nosas vidas perdendo a relación coa realidade física. Crecer nun escenario de marcos cambiantes fai que a etapa da adolescencia, unha etapa xa de por si chea de cambios, sexa mais sinuosa se cabe.
Polo que é necesario que coñezamos a realidade do problema para poder axudar a xuventude. Alexandre falará dos cambios que se produciron na crianza debidos ao tipo de modelo social no que vivimos e como iso afectou aos procesos de crecer: para iso revisa as fontes da autoestima; puberdade: loito polo corpo infantil, despedida dos pais e elaboración dos ideais e adolescencia: identificacion co grupo de pares, identidade, sexualidade xenital e primeiro proxecto persoal.
A Federación considera que a saúde mental é unha prioridade no ensino e polo tanto quere unha comunidade educativa unida, que traballe e estableza ferramentas para axudar aos rapaces e rapazas dende a escola e dende a familia.