Skip to Content

IV Campionato de Xadrez de Redondela Intercentros

O venres 24 de maio, unha selección de alumnado de 1º e 2º da ESO, pasou a mañá na alameda de Castelao de Redondela nunha saída organizada pola Biblioteca do IES de Soutomaior. A visita tivo como fin a participación no IV Campionato Intercentros de Redondela.

A xa tradicional competición favorece a competitividade nun deporte tan sano coma educativo así como a interacción con rapaces doutros centros.

O centro quere agradecer a Orlando Molareas e a Alicia Pazos a implicación na excursión.

O resto das imaxes pódense consultar premendo na seguinte ligazón: galería

O IES de soutomaior participa no Correlinguas

No contexto do Día das Letras Galegas, os tres grupos de 3º da ESO do IES de Soutomaior participaron nunha actividade Intercentros organizada pola OMIX do Concello de Soutomaior que tivo lugar o martes 21 de maio.

Os obxectivos principais da actividade foron, por uha banda, a celebración das letras Galegas defendendo a utilización da nosa lingua e, por outro lado, a participación conxunta de alumnado do IES de Soutomaior, o CPR Santiago Apóstolo e alumnado de infantil do EEI de Romariz favorecendo a cohexión entre a rapazada do Concello.

A actividade contou coa participación de Policía e Protección Civil que cortaron o tráfico para a realización da correlinguas/caminata ata o Pavillón da Montesiña. Xa alí o alumnado participou en varias actividades, recibiu un almorzo por parte da organización e puido disfrutar da actuación dun ilusionista.

Para ver o resto das imaxes da actividade hai que premer na seguinte ligazón: galería

III Feira da Ciencia de Soutomaior

 

Como colofón a todo o programa de Divulgaciencia organizado polo Concello de Soutomaior, o 13 de maio tivo lugar a III Feira da Ciencia na alameda de Talo Río.

O alumnado do centro que estivo interesado en participar na feira contou coa axuda dos departamentos de ciencias do instituto. Como froito do traballo realizado, o alumnado estivo en 6 postos explicando con paixón as características do seu proxecto a todo aquel que se achegaba amosando interese.

Durante a mañá, o alumnado de 1º da ESO achegouse á feira a ver os postos. Para facer a visita máis didáctica o Concello organizou de novo as visitas guiadas cunha recepción e unha pequena actividade. Dende o centro esperamos que esta visita favoreza a participación da rapazada en futuras feiras que se organicen.

Finalmente, o xurado puido valorar o gran traballo feito por tódolos grupos e tivo a dificil tarefa de escoller aos máis destacados para darlles os premios.

Dende o centro queremos dar a noraboa aos agraciados e agradecer a todo o alumnado e profesorado participante. Esperamos poder contar convosco a vindeira edición.

Para visualizar as imaxes do evento pódese acceder á galería  premendo nesta ligazón.

Retratos fotográficos feitos polo alumnado de Expresión artística

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras pero este exercicio realizado polo alumnado de 4º de ESO de Expresión artística xunta ambas cousas: palabra e imaxe. Alumnas, pertencentes ao programa de Fotografía en curso, fixeron un retrato dunha persoa da súa contorna, a meirande parte de membros da súa familia. Escoitar a descrición que ilustra a fotografía que tomaron amosa o seu amor e respecto.

Parabéns a todas polo voso traballo e a vosa arte.

Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar- Curso 2024-2025

Prazo de solicitude:     do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

Procedemento administrativo: ED330B

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla na aplicación fondolibros)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Maís información na aplicación fondo libros.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

 

Semana das Letras Galegas no IES de Soutomaior

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o luns 13 e martes 14 de maio varias actividades no contexto das Letras Galegas, que este ano conmemora a vida e obra de Luisa Villalta.

O alumnado de 4ºESO e 1º de Bacharelato puido asistir a actuación de Paz Fernández  que consistiu nunha declamación poético-musical coa que o alumnado puido disfrutar dunha sesión de poesía en galego en directo.

Por outra banda, o martes tivo lugar un concerto onde houbo varias actuacións:

  • Participou o grupo Calimontxo no que a voz foi interpretada polo profesor de inglés Antonio Ricón.
  • Participaron varios alumnos e alumnas que interpretaron cancións tradicionais na nosa lingua.
  • Por último, o alumnado puido disfrutar da actuación de Myriam Cortizo Pires e Ariel García Tagliani.

O IES de Soutomaior agradece o gran traballo do EDLG con Antonio Ricón á cabeza e sobretodo, ao alumnado participante que co seu esforzo e gañas fan que estas actividades consigan ter a pegada que busca un centro educativo.

 

 

Bolsas NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo)

O Ministerio de Educación abre o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con NEAE.

Solicitude: aberto o prazo, ata o 13 de setembro de 2024.

Poderedes ler a convocatoria  e, de cumprir os requisitos, tramitala online e entregar a documentación no centro.

Poderá ser beneficiario, de cumprir os requisitos (renta e patrimonio, necesidade de atención específica), o alumnado que:

  • Presente necesidades educativas especiais derivadas de Discapacidade (33% ou mais), Trastorno Grave de Conduta, ou Trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a NEE.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas Capacidades.

Atendendo ás bases, o alumnado que non teña ningún dos citados diagnósticos precisará certificar Discapacidade para ser candidato á beca NEAE. A discapacidade debe estar acreditada polo equipo de valoracións da Consellería de Política Social. Se non se dispón de tal acreditación, o Departamento de Orientación non poderá informar favorablemente.

Para estas e outras axudas, recoméndase ás familias de alumnado con especiais dificultades solicitar o recoñemento de discapacidade.

Solicitedes a bolsa ou non, aprovéitase para recomendar que acheguedes, en calquera momento do curso escolar, aquela documentación relacionada (cerficado de discapacidade, informes do SERGAS...) xa que nos axuda a facer un óptimo seguimento do alumnado.

 

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bacharelato

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

Expedición do título de Bacharelato e prematrícula ABAU do 16 ao 20 de maio

O proceso de expedición do título de Bacharelato e a prematrícula nas ABAU 2024 debe facerse en dous pasos:

  1. Solicitar o título de Bacharelato.
  2. Prematricularse na ABAU.

PASO 1: EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

  • Instrucións sobre a documentación que se debe presentar, taxas e códigos para a expedición do Título de Bacharelato 2024.
  • Modelo de taxas.

PASO 2: PREMATRÍCULA NAS ABAU

  • Calendario: as probas terán lugar entre o martes 4 e o xoves 6 de xuño na Comisión Delegada 10 B, con sede na Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra da UVigo para o alumnado do IES de Soutomaior. 

 

Visita do IES Soutomaior á APAMP

O pasado día 29 de abril, un grupo de alumnos de tecnoloxía de 4ºESO e TIC de 1ºBAC, visitaron o centro de día de APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, situado no barrio de Navia en Vigo.

Nesta actividade, os alumnos e alumnas puideron ver os distintos obradoiros nos que traballan esas persoas, entre os que destacan os de cerámica e pintura, un de radio na que elaboran un podcast semanal e tamén outros de informática e cestería. O centro conta ademais cun edificio residencial, con 46 prazas para aquelas persoas que por distintos motivos non poden permanecer no seu medio familiar.

A visita está enmarcada dentro do proxecto Talentos Inclusivos, no que participa o Departamento de Tecnoloxía e que pretende despertar no alumnado as vocacións STEM, así como dar a coñecer a realidade da persoas con discapacidade cerebral.

 

Podemos ver máis imaxes na Galería da páxina web do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut