Curso 2021/22
Horario de atención a alumnado e pais dos/as titores/as das ensinanzas de adultos curso 21/22
Na seguinte táboa pódese atopar os horarios de atención a alumnado e pais das distintas ensinanzas para adultos que se imparten no noso centro. Concertarase cita previamente co/a titor/a.
CURSO | TITOR/A | HORARIO ATENCIÓN PAIS E ALUMNADO |
NIVEL 1-2 | Ana María Fernández Silva | Luns de 19:30 a 20:20 |
NIVEL 3-4 | Manuel López Taboada | Luns de 19:30 a 20:20 |
1º BAC SEMIPRESENCIAL | Fe Tellado Castro | Martes de 10:25 a 11:15 |
2º BAC SEMIPRESENCIAL | Beatríz González López | Luns de 10:25 a 11:15 |
CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS | Soledad González López | Martes de 18:40 a 19:30 |
NIVEL 2 TD FÚTBOL | Rafael Castro López | Venres de 10:25 a 11:15 |
Baños de bosque - Actividade do Ciclo de Turismo
Shinrin Yoku ou baño de bosque é unha práctica de benestar en contacto coa natureza que o grupo de Turismo levou a cabo en Bolmente, o pasado 30 de setembro, da man de Noelia.
Esta terapia de orixe xaponesa busca que nos reencontremos co espazo natural, coa finalidade de obter efectos positivos para o corpo e para o espírito.
Relaxación, paseo guiado, creatividade,... foron algunhas das actividades coas que nos mergullamos na naturaza e a desfrutamos.
Listaxe admitidos Programa Cuale Inglés B1 a 08/10/21
Se fas click no seguinte enlace poderás ver o estado actual da listaxe de admitidos no Programa CUALE Inglés B1.
Información Proxecto E-dixgal
Se desexan consultar dúbidas sobre o proxecto E-Dixgal, pódeno facer na seguinte guía
Saída a Proendos - Ciclo de Turismo
Non poderíamos comezar mellor as saídas do Ciclo de Turismo deste curso 2021/22 que coa visita organizada polo Concello de Sober o pasado mércores 22 de setembro para divulgar o traballo arqueolóxico feito na parroquia de Proendos.
O arqueólogo responsable dos levantamentos puxo en valor os achados atopados e nun deles mostrounos varias paredes construidas en paralelo cuns buratos en forma de corredor, trataríase dunha hipotética horrea romana.
No outro levantamento, próximo á igrexa de Santa María de Proendos, puidemos observar unha ábsida circular aínda sen datar.
As excavacións constataron tamén a existencia dun hipocausto que xunto cos achados anteriores confirman a importancia desta zona na época romana.
Concurso de Economía Finanzas para todos
Cinco alumnos de 2º de Bac, Gael, Lucía, Mar, Sara e Sofía veñen de participar un ano máis nos cuartos de final do concurso nacional de economía Finanzas para todos que organiza o Banco de España e a CNMV. E un ano máis, a pesar de non conseguir pasar a semifinais, o noso alumnado quedou nun moi bo posto amosando o seu alto nível de coñecementos, da man do seu profesor da asignatura Emilio López Mariño
.Unha vez máis as nosas felicitacións a alumnado e profesor.
Aviso alumnado Cuale A1
Infórmase que todo o alumnado inscrito no Programa CUALE A1 Inglés foi admitido. As clases comezarán o día 24 de setembro ás 16:00h ata ás 17:15h. Impartiranse na aula 056, situada na pranta baixa.
Relación de alumnado admitido CUALE INGLÉS B1
Premendo no seguinte arquivo podes acceder a relación de alumnos/as admitidos/as no programa CUALE B1 Inglés. O resto de alumnado queda en reserva e serán chamados no caso de haber praza vacante.
As clases comezarán o venres día 24 de setembro en horario de 17:15-18:30h. Impartiranse na aula 056, situada na pranta baixa.
Protocolo Covid Curso 21-22
Se desexan consultar o protocolo Covid vixente para a presente curso, pódeno facer no seguinte enlace
“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2021-2022”
Horario CUALE curso 21/22
As clases de CUALE niveis A1 e B1 de Inglés comezarán a partir do próximo venres día 24 de setembro, na aula 56, co seguinte horario:
CUALE A1
XOVES 17:15-18:30
VENRES 16:00-17:15
CUALE B1
XOVES 16:00-17:15
VENRES 17:15-18:30