Curso 2021/22
Entrega de premio do sorteo Pro-excursión
O pasado venres,14 de xaneiro, fixemos entrega no Cabe da cesta de productos gastronómicos que sortearon os alumnos e alumnas de 4º ESO coa finalidade de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
O agraciado foi o noso antigo compañeiro e amigo, Jorge R. , a quen vemos na foto.
Parabéns, Jorge!!
Agradecemos á ANPA de centro a súa colaboración na actividade.
Convocadas as probas de acceso a Ciclos Formativos Grao Medio e Superior
No DOG do 12 de xaneiro de 2022 podes acceder a Orde do 17 de decembro de 2021 que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio e de Grao Superior de Formación Profesional para o ano 2022.
Os prazos de presentación de solicitudes son os seguintes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.
Para máis información:
Máis premios no Cabe
O venres 10 de decembro tivo lugar en Santiago a entrega de premios da novena edición do certame de ensaio subversivo e de banda deseñada que organiza, a nivel autonómico o IES Xelmírez I, con apoio de Política Lingüística.
A nosa alumna, Claudia Pérez Barrientos, de 1º de Bacharelato, foi a merecedora gañadora dun accésit pola "gran calidade" da súa obra, o cómic "Flor murcha".
Xunto con outros oito alumnos doutros centros de Galicia, recibiu o premio nun acto no que interviron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e Manuel Portas, director do centro convocante.
A comunidade escolar do Río Cabe desexa felicitar a Claudia polo seus éxitos, así como a Bernardino Cerviño, o seu profesor de debuxo, polas súas ensinanzas, e por ser quen a animou a presentarse.
Parabéns ós dous!! Non poderiamos estar máis orgullosos!!
Horario de apertura da sala de estudo de adultos 055
A sala de estudo de adultos permanecerá dispoñible (en cor verde) para todo o alumnado do centro seguindo o horario que aparece a continuación:
O uso de dita aula rexirase polas seguintes normas.
Premios de Debuxo "Os castelos de Monforte"
A alumna de 3º de ESO do Río Cabe, Ximena López Aparici , ven de gañar o concurso de debuxo que organizou o concello de Monforte sobre os castelos da cidade, na categoría de segundo ciclo da ESO. O venres 26 de novembro tivo lugar a entrega de premios no salón de actos da casa da cultura de Monforte.
Dende aquí, felicitamos a Ximena polo seu bo facer, ó seu profesor de debuxo, Anxo, ós gañadores das distintas categorías e ós seus profesores, así como a todos os que se animaron a participar.
Horarios ensinanzas de adultos 2021/2022
A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:
Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvólvense no seguinte horario:
A1
Mércores: 17:15 a 18:30 horas
Venres: 16:00 a 17:15 horas
B1
Mércores: 16:00 a 17:15 horas
Venres: 17:15 a 18:30 horas
Castelán e galego para estranxeiros:
Castelán: Xoves de 16:50 a 17:40 horas
Galego: Martes de 16:50 a 17:40 horas
Por último, as clases do Nivel II de Fútbol impártense os luns, mércores e xoves pola tarde. O mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana.
Distribución de máscaras
Informamos de que está aberto o prazo para solicitar máscaras entre o alumnado que, por renta, teña dereito, e que por algún motivo non teña recibido o vale do material escolar. Aqueles que recibiron o vale non necesitan facer solicitude.
Poden consultar a orde neste enlace.
Río Cabe solidario
No Río Cabe estamos a colaborar coa ONG Misevi nun proxecto de solidariedade e reciclaxe dende hai unhas semanas. Recollemos material escolar usado que posteriormente será canxeado por diñeiro para proxectos educativos e en programas de apoio a mulleres e a colectivos desfavorecidos en Angola e Bolivia.
Nas entradas ó centro atópanse os contenedores para a recollida deste material. No seguinte vídeo podedes ver como se recicla e cal é a súa utilidade unha vez reciclado.
Carta informativa da nova ANPA do Río Cabe
A ANPA do Río Cabe desexa informar ás familias de que de novo retoma a súa actividade baixo unha nova directiva. Achegamos a súa carta de presentación no seguinte enlace.
Eleccións ao Consello Escolar
Entre o 4 e o 12 de novembro estará aberto o prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar nas seccións de alumnado, profesorado e pais-nais-titores legais. Ditas candidaturas deberán presentarse na secretaría do centro, antes das 14:00 horas do 12 de novembro.
Atoparán mais información nos documentos seguintes:
Composición do Consello Escolar