Educación de adultos

Datas exames finais avaliación ordinaria 1º bacharelato semipresencial

 

 Informamos que os exames finais da avaliación ordinaria de 1º bacharelato semipresencial celebraranse os días 2, 3 e 6 de xuño. Podes descargarte os horarios das probas premendo no seguinte enlace.

A avaliación ordinaria realizarase o día 7 de xuño.

Charla no ensino secundario para adultos

 

O pasado luns día 16 de maio o alumnado do ensino secundario para adultos disfrutou dunha didáctica charla da man da nosa orientadora Andrea Vieira. Nela coñeceron os distintos camiños a tomar unha vez rematada a ESA e resolveron  todas as súas dúbidas.

 

 

Moitas grazas Andrea pola túa boa disposición e  por adicarnos un ratiño do teu tempo!

 

Calendario exames finais avaliación ordinaria niveis 2 e 4 ensino secundario para persoas adultas

 

Os días 2,3 e 6 de xuño terán lugar os exames finais da avaliación ordinaria dos niveis 2 e 4  do ensino secundario para persoas adultas. Podes descargarte os horarios das probas no seguinte arquivo. A avaliación ordinaria celebrarase o día 7 de xuño.

Un paseo polo Lugo Romano

O alumnado de Latín e Cultura Clásica do Río Cabe, acompañados de dous dos seus profesores, visitaron o pasado xoves 4 de maio a cidade de Lugo e parte do seu patrimonio cultural. Unha excursión do máis didáctica cuns alumnos dos que estar orgullosos.Ide ó seguinte enlace para un paseo por parte da cultura lucense.

 

Información relativa ás probas de acceso ás ensinanzas deportivas

 

A continuación tedes información relativa ás probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas curso 22/23:

                                                               -Primeira parte: Avaliación  da condición física.

- Segunda parte: Avaliación das habilidades de fútbol.

 

Calendario exames finais 2º bacharelato adultos

 

Se queres obter información sobre as datas e horas dos exames finais de 2º bacharelato semipresencial preme no seguinte enlace:

 Calendario exames finais  2º bac semipresencial

Xornada de despedida en Valencia

Última xornada en Valencia para o noso alumnado do ciclo deportivo en fútbol, na que tamén estivo presente o director do instituto e profesor no ciclo, Carlos Parada.

 Comezaron o día con dúas  charlas de alto nivel.

 A primeira sobre nutrición deportivo, co especialista Jesús Sanchís: "10 claves sobre alimentación para mejorar la formación del jugador".

 A segunda co corpo técnico do Valencia CF feminino encabezado por Andrea Esteban que afondaron sobre diversos aspectos do xogo dende as ABP ate xestión do grupo.

 Pola tarde, poideron interactuar coa adestradora do feminino B , Natalia García, e o seu corpo técnico antes de empaparse da identidade do club con Urko Cherta.

 

 

 

 

Segunda xornada en Valencia

O alumnado do ciclo de técnico deportivo en fútbol vivenciaron hoxe outra intensa xornada de fútbol na cidade deportiva de Paterna.

Comezou a xornada matinal co visionado do adestramento do Xuvenil A do Valencia, acompañados do noso anfitrión, Miguel Alonso (xefe do departamento de preparación física).

Como xa é habitual, ao finalizar o adestramento puideron charlar co corpo técnico do equipo.

Comezaron a xornada de tarde presenciando unha reunión dos técnicos da base e finalizaron co visionado de diferentes adestramentos.

O alumnado do ciclo de fútbol visita o CF Valencia

O alumnado do ciclo de fútbol chegou, este luns 25 de abril, a Valencia, acompañado dun dos seus profesores, Gabriel, para visitar á cidade deportiva de Paterna. A viaxe organizouse co alumnado e profesorado do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Na xornada da mañá de hoxe, martes 26, comezaron cunha visita ás instalacións e o  visionado dos adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. 

Un momento destacado foi a charla a pé de campo co corpo técnico deste último:  Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF).

Na xornada de tarde, comezaron coa ponencia por parte do departamento de Análise sobre o seu funcionamento. Finalizaron co visionado dos equipos de formación: dende os máis pequenos ate o xuvenil B.

 

Charla de Semente Ribeira Sacra na Educación para Adultos

 

O xoves 7 de abril parte do alumnado das ensinanzas para adultos asistiu  á  charla impartida por Pilar  López e Severino Rodríguez,  integrantes da asociación Semente Ribeira Sacra.

 

 Nela informáronnos  da  convocatoria da VIII Edición Concurso de Proxectos Empresariais, certame que naceu alá polo ano 2014 co obxectivo de impulsar a creatividade  en novos proxectos de empresa. Faláronnos, tamén, dos distintos proxectos gañadores de edicións pasadas e  animaron a todo o alumnado que teña unha idea empresarial  a presentarse.

  

Do 1 de marzo ao 31 de maio estará aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org.

 

Distribuir contido