Educación de adultos
Proxecto final do módulo de Francés do CS Guía, información e asistencia turísticas
Queres descubrir os segredos da capital da Ribeira Sacra?
Convidámosvos a coñecer Monforte de Lemos da man do alumnado do Ciclo Superior de Turismo, que realizou un vídeo promocional na nosa cidade como proxecto final do módulo de Francés.
Parabéns a todo o alumnado implicado e a súa profesora Noelia Besteiro!! Moi bo traballo!!
On y va!
Turismo por Sarria,Samos e Barbadelo
A primeira ruta do mes de xuño levou ao Ciclo de Turismo por terras de Samos, Sarria e Barbadelo.
Comezamos a xornada visitando o Mosteiro de Samos e percorrendo o seu entorno e a Capela de San Salvador ou do Ciprés acompañados de Xaime, un guía da zona.
Dende Samos desprazámonos ata Sarria.
Despois de almorzar visitamos a capela do Lázaro, antigo hospital de leprosos, e unha tenda de antigüidades onde Carmen, a propietaria, nos comentou a historia dalgunha das pezas expostas e as tendencias vintage do momento. Escoitamos e departimos con Xermán, un coñecido luthier e continuamos ata a zona histórica para coñecer a igrexa do Salvador e a igrexa e o claustro do Mosteiro Mercedario da Magdalena.
A fin de etapa consistiu en facer a pé o tramo Sarria-Barbadelo do Camiño de Santiago francés, declarado Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa. Abandonamos Sarria pola ponte da Áspera e seguimos o itinerario por un fermoso entorno natural de bosque autóctono.
Rematamos a saída coas explicacións de Manuel, profesor de historia, nun ben declarado de interese cultural, a igrexa románica de Santiago de Barbadelo.
Cualificacións definitivas da proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 2022/23
Hoxe venres, día 10, publicáronse as cualificacións definitivas das persoas inscritas na proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 22/23.
Premendo no seguinte enlace poderás atopar toda a información:
Cualificacións definitivas ensinanzas deportivas grao superior
Exames extraordinarios BACHARELATO SEMIPRESENCIAL
No seguinte enlace atoparás os horarios dos exames extraordinarios de 1º e 2º bacharelato semipresencial. As clases rematarán o día 16 de xuño, os días 17, 20, 21 e 22 de xuño celebraranse as probas extraordinarias. A entrega de notas será o día 23 de xuño a partir das 11:00h.
Exames extraordinarios Niveis 2 e 4 Ensino Secundario Adultos
Os exames extraordinarios dos niveis 2 e 4 do ensino secundario para adultos celebraranse os días 20, 21 e 22 de xuño, as clases rematarán o venres día 17 para o alumnado que teña algún módulo pendente. Podes descargarte os horarios das probas no seguinte enlace:
Cualificacións provisionais da proba substitutiva de titulación de bacharelato ensinanzas deportivas
Se fas click no seguinte enlace poder obter as cualificacións provisionais da proba substitutiva de titulación de bacharelato para o acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas.
Recordamos que non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.
Listaxe definitiva de persoas inscritas na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 2022/23
Premendo no seguinte enlace poderedes acceder á listaxe definitiva das persoas inscritas na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior curso 22-23.
A proba substitutiva para as persoas aspirantes que non cumpran co requisito de titulación de bacharelato terá lugar o día 31 de maio de 2022 no IES San Clemente de Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo II da Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.
As persoas aspirantes deberán realizar un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición de acordo co seguinte horario:
Experiencia enolóxica no Ciclo de Turismo
No Ciclo de Turismo comezamos as actividades do mes de abril cunha cata sensorial de viños de Ribeira Sacra na sala do Centro do Viño.
O maestro de cirimonias, David Pascual, presidente da Asociación Galega de Enólogos.David disertou sobre os diferentes aspectos que fan especial unha zona vitícola: terreo, clima, orientación, altitude e prácticas culturais.
Para rematar, cata guiada: visual, olfativa a copa parada, copa axitada, en boca e barboteo.
Unha experiencia enolóxica moi, moi top!
Obradoiro de Escape Room
Exames finais CS Guía, información e asistencia turísticas
Os días 20, 21 e 22 de xuño terán lugar os exames finais do CS Guía, información e asistencia turísticas. Os horarios das probas podes descargarlos no seguinte arquivo.
A avaliación final realizarase o día 23 de xuño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »