Educación de adultos
Convocatoria de cursos CELGA para o curso 23/24
Publicouse a Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:
-
Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023
-
Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023
Máis información:
Graduación de 2º BAC diúrno e ensinanzas de adultos
O venres 9 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 2º Bac de diúrno e das ensinanzas de adultos: ESA, BAC e ciclo de Turismo .
Foron un total de 81 alumnos e alumnas quenes, acompañados de profesorado , familias e compañeiros, se graduaron, lembraron vivencias dos anos compartidos no Cabe e desfrutaron das palabras dedicadas a eles nos distintos discursos e da música interpretada por compañeiros e o seu profesor, Xurxo R. Labrador.
Tivemos a honra de ter como padriño e convidado na despedida, a Edgar Cloos, xuíz retirado, presidente da Audiencia Provincial de Lugo, a quen agradecemos a súa presenza e as súas verbas. Grazas tamén a todos os asistentes ó evento por participar nunca xornada para non olvidar.
Podedes ver máis fotos de 2º BAC na galería 1 e de Ensinanzas de Adultos na galería 2
Calendario exames finais CS Guía, información e asistencia turísticas
Premendo no seguinte enlace podedes acceder ao calendario de exames finais do CS Guía, Información e asistencia Turísticas.
O alumnado do ciclo de Turismo visita os Escolapios, a empresa Airas Moniz e a Casa Baltar
No mes de marzo, alumnado e profesorado do CS de Guías, información e asistencia turísticas, asistimos nos Escolapios a unha charla sobre o Cardeal Rodrigo De Castro e fixemos un roteiro gourmet no que visitamos as instalacións da queixería Airas Moniz e Casa Baltar, a “Granxa do doce de leite“.
Conmemorando o quinto centenario do nacemento do cardeal Rodrigo de Castro e Osorio celebrouse no salón de actos dos Escolapios unha conferencia impartida por Felipe Aira na que disertou sobre este personaxe histórico e distintos acontecementos da vida do fundador do Colexio da Nosa Señora da Antiga.
A outra actividade, o roteiro gourmet, levounos a Airas Moniz, unha empresa chantadina que elabora queixo de alta calidade, galardonado varios anos coma o mellor queixo azul de España no Salón Gourmet de Madrid.
O queixo Savel, xunto coas outras variedades que elaboran e a manteiga, está presente nalgúns dos mellores restaurantes nacionais e internacionais .
Durante á visita contáronnos en qué consiste a nova experiencia que están a ofertar, trátase dunha explicación dos procesos de elaboración de cada un dos queixos seguida dunha visita a explotación gandeira e remata coa cata e degustación dos seus queixos acompañada de viño.
E para rematar, visitamos Casa Baltar. Varias xeracións traballaron nesta granxa para obter un leite de excelente calidade e valor nutricional que agora se emprega para elaborar un produto exquisito elaborado de xeito tradicional, o doce de leite, que se distribúe por toda España.
Non sei cal nos gustou máis, o xeado ou o doce de leite que comemos a culleradas.
O alumnado do ciclo de Turismo Visita o Pazo de Tor, Hotel Cardenal e Pazo Molinos de Antero
Comezamos o mes de febreiro cunha saída ao o Pazo de Tor. Sempre nos gusta visitar esta casa solariega de Tor, é un privilexio poder ver o edificio e todos os mobles, pertenzas, obras de arte, … tal e como o deixou a súa última propietaria Maripaz Taboada de Andrés y Zúñiga.
Foi ela quen donou o pazo á Deputación de Lugo para que se conservara como museo, e cumprindo o seu desexo abriu como tal en 2006.
Nesta ocasión, como novidade, mostráronnos a parte inferior da vivenda que albergaba os cuartos do servizo.
Unha boa opción para coñecer a vida nos pazos galegos!
A mediados de mes acercámonos o Hotel Cardenal para coñecer a súa oferta aloxativa.
O establecemento, de catro estrelas, situado no centro da cidade e con vista ao río Cabe e o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, é unha interesante referencia para os turistas que chegan a Monforte interesados en coñocer este territorio.
As habitacións están moi ben equipadas e as suites teñen unha distribución e unhas vistas magníficas.
Se tivésemos que escoller, reservaríamos as que miran a San Vicente dende unha ampla terraza que invita ao relax.
Rematamos as actividades do mes visitando o Pazo Molinos de Antero fundado polo cabaleiro Manuel Antero Yáñez Rivadeneira,administrador e depositario da renda de Monforte e outras comarcas galegas, fiscal xeral da Encomenda de Quiroga e rexedor perpetuo de Monforte.
O feito de ocupar todos estes cargos fixo que se conserven no seu pazo unha grande cantidade de documentos con milleiros de datos de grande interese da historia social e económica de finais do século XVIII e principios do XIX.
Ademais de vivenda o pazo tiña outros usos: centro de recadación de impostos, notaría e xestión de bens da nobreza. Estas prácticas motivaron a posta en funcionamento de todo un sistema de seguridade da época baseado en mirillas que se atopan por toda a casa e que permitían ver a todos os que entraban.
Matías, propietario e magnífico cicerone na nosa visita, explicounos a relación desta propiedade coa historia do Camiño de Inverno. A carón do pazo pasaba o antigo camiño real de Castela que atravesaba Monforte e que parece coincidir con esta ruta a Santiago.
Na actualidade o Complexo Molinos de Antero conta tamén cunha oferta aloxativa formada por tres habitacións e tres apartamentos situados nas antigas caballerizas anexas ao pazo.
Unha tarde de grandes descubrimentos!!!
Proxecto de cooperación - Alumnado de Turismo
No mes de febreiro deste ano 2023 empezamos a falar Mari Yokela, profesora de turismo finlandesa, mais eu da posibilidade de levar a cabo este fermoso e inspirador proxecto co alumnado de ambos centros. E aquí nos tedes hoxe venres 24 de marzo departindo en videoconferencia con Mari. As nosas alumnas, que están moi motivadas e ilusionadas con este traballo, quixeron saber da duración dos estudos deste ciclo formativo en Finlandia, as materias impartidas, as linguas extranxeiras predominantes e o tipo de turismo que ofrecen. Pasou a hora nun suspiro. Un pequeno detalle que nos puxo os dentes ben largos: onte a noitiña Mari puido ver na súa cidade unhas fermosas auroras boreais de varias cores!! Pero tamén compre dicir que están a -26 graos!
Os alumnos finlandeses están facendo prácticas este mes, polo que hai que esperar a abril para realmente ‘meternos en fariña”. As ideas que temos en mente prometen. Fingers crossed!
Xoves 17, último día: Partido no estadio Benito Villamarín
Para rematar a estadía no Real Betis Balompié o noso grupo asistiu ao partido de Europa League Real Betis contra o Manchester United no estadio Benito Villamarín.
Esta expedición estivo formada por 15 alumnos/as de varios IES de Galicia e tres profesores.
Dende o IES Río Cabe expresamos o noso profundo agradecemento a quen fixo posible esta visita así como ao Real Betis Balompié pola oportunidade brindada.
Mércores 15, día 3: Visita á cidade deportiva do Real Betis
O mércores o noso alumnado e o seu profesor, Jorge Fortes, visitaron o Estadio Benito Villamarín do Real Betis Balompié.
Alí puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo preparatorio do partido de Europa League contra o Manchester United.
Tamén asistiron ás formacións impartidas por José Luis, do departamento de preparación física, e de Félix Cao, preparador físico e recuperador do primeiro equipo.
Para máis tarde debater cos futbolistas Borja Iglesias e Joaquín Sánchez.
Martes 14, día 2: Visita á cidade deportiva do Real Betis Balompié
Hoxe tocou visitar as instalacións da cidade deportiva do Real Betis onde os nosos alumnos e o seu profesor puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo, a formación a cargo do Departamento de Análisis Táctico e a formación a cargo de Félix Cao, preparador e recuperador do primeiro equipo.
Luns 13, día 1: Visita Real Betis da Liga Nacional de Fútbol Sala
Nestes días parte do noso alumnado do Ciclo Técnico deportivo nivel 1 da modalidade de fútbol, acompañados do seu profesor Jorge Fortes, están visitando as instalacións do Clube Deportivo Betis Balompié en Sevilla.
O primeiro día adicárono a percorrer o Real Betis da Liga Nacional de fútbol sala, entrenado polo galego Bruno García.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »