Curso 2015/16
Gañadores do concurso de microrrelatos do número "Pi"
A continuación podedes ver os nomes dos gañadores e os poemas de cada un deles:
And I felt a weird kickboxer in coming after the party... Suddenly, announced Anthony: "kickboxer, can he run?".
Fui a leer, y justo sorprendí, al alegre autor del libro. Narrando historias felices, conmovido por su más tremenda fama.
Fue y miró a Radio cabizbajo
su mirada seria sin poder entender.
Pensativo, mirando tranquilo
sin lo que desearía leer.
IV Convocatoria de Bolsas Eurolingua
Eurolingua Venairlanda SL convoca 15 bolsas (5 delas reservadas a centros docentes galegos) para a realización de cursos de inglés nun programa de inmersión en Irlanda durante dúas semanas no mes de agosto de 2016, para estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional.
O prazo de solicitude remata ás 23:59 horas do 28 de abril de 2016.
Máis información na seguinte ligazón:
Probas das EOI - Alumnado CUALE 2015/2016
Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2016 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 6/04/2016, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.
Recordade que o alumnado CUALE 2015/2016 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.
No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/modelos_probas_eeooii_galicia_100316.pdf
Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2016
No DOG do día 28 de marzo publicase a Orde do 14 de marzo de 2016, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 29 de marzo e remata o día 28 de abril.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atópase na seguinte páxina web:
IV Rally Matemático sen fronteiras
O martes 15 de marzo dous grupos de alumnos de 3º ESO participaron no IV Rally Matemático sen fronteiras que terá a superfinal en Toulouse no mes de maio.
Durante unha hora reuníronse en dúas aulas do centro os dous grupos de 8 alumnos, cada un deles, para intentar solucionar o mellor posible os 5 exercicios da materia de matemáticas propostos polos organizadores do concurso.
¡ Moita sorte aos nosos/as alumnos/as !
Boletín Familiar: A prevención na casa a mellor axuda
No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Marzo de 2016 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:
Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »