Curso 2015/16

Curso 2015/16

Comezo de curso - Réxime de ADULTOS

Facendo click na seguinte imaxe podes consultar o horario das presentacións do comezo do curso académico 2015/2016 no RÉXIME DE ADULTOS:

 

Axudas para a adquisición de material escolar - Curso 2015/16

Destinatarios: Alumnado matriculado en ESO.

Requisitos: Non superar 5.400 € de renda percápita da unidade familiar no exercizo fiscal do 2013.

Solicitudes: do 2/09/2015 ao 1/10/2015, ambos incluídos.

 

 Convocatoria      Procedemento      Solicitude 

 

 

Convocatoria curso preparatorio CELGA 4: Prazo de inscrición ata o 8 de setembro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 21 de agosto de 2015 convoca un total de 30 cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4,  (o Celga 1 impártese en modalidade en liña).

No noso centro impatirase de xeito presencial o curso preparatorio para a obtención do CELGA 4.

Os obxectivos desta actividade son os de garantir á poboación adulta o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia. O curso impartirase dende o 19 de outubro ata o 9 de decembro do 2015 e contará cunha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas diarias. Hai un máximo de 30 prazas e un mínimo de 15, e en caso de que teñamos un maior número de solicitantes que de sitios dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada.

Poden inscribirse tódalas persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano 2015. Os cursos son de balde e as solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario formalizado dispoñible no enderezo web sede.xunta.es modelo ED104B e na páxina http://www.lingua.gal/linguagalega/. O prazo de presentación é de 15 días hábiles, que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, polo que remata o martes 8 de setembro.

Unha vez rematado o prazo farase pública, na páxina http://www.xunta.es/linguagalega/, unha resolución provisional coas persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en agarda para cada curso e localidade.

 

No caso de dúbidas, necesitar máis información ou desexar facer a inscrición no noso centro recordamos que a Secretaría permanecerá aberta a partires do 1 de setembro en horario de 9 a 14 horas.

Distribuir contido