- ERASMUS+ INCOMING

Alumnado grego de Erasmus+ no noso instituto

Neste curso académico recibimos a 9 alumnos gregos acompañados de dúas profesoras. Estudian ciclos de formación profesional relacionados con "Coidados Auxiliares de Enfermería", "Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear" e "Xestión Administrativa" e asisten a clases nas nosas aulas por un período de 2 semanas.

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras ou de formación en centros educativos homólogos.

Alumnado italiano de Erasmus+ no noso instituto

Durante este curso académico acollemos a 3 alumnos italianos no noso centro. Estudian "Administración, Finanzas e Marketing" e "Telecomunicacións e Sistemas Informáticos" e atópanse integrados nas nosas aulas nos grupos de Ciclos Superiores das ramas de Administración e de Electrónica.

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

 

Alumnas alemanas de Erasmus+ no noso instituto e de prácticas en Vigo

Este mes de outubro acollemos no noso centro a duas alumnas alemanas de Coidados Auxiliares de Enfermería. Estiveron unha semana integradas nas nosas aulas nos grupos de Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería de réxime ordinario e de dual. A continuación farán prácticas nun hospital de Vigo por un período de tres semanas. 

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

Directores franceses de visita no noso instituto

O martes 29 de marzo recibimos a visita dun grupo de directores franceses que viñeron a coñecer os institutos da zona. O director do noso centro e o profesorado de Francés explicoulles o funcionamento do sistema educativo español e amosoulles as nosas instalacións. Dende o IES Ricardo Mella agradecemos a visita e esperamos que permita futuras colaboracións Erasmus entre o noso centro e centros educativos franceses.

Alumnado italiano de Erasmus+ no noso instituto

Durante os meses de marzo e abril acollemos a 3 alumnos italianos no noso centro. Estudian "Administración, Finanzas e Marketing" e "Telecomunicacións e Sistemas Informáticos" e atópanse integrados nas nosas aulas nos grupos de Ciclos Superiores das ramas de Administración e de Electrónica.

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

 

Distribuir contido