Alumnas alemanas de Erasmus+ no noso instituto e de prácticas en Vigo
Este mes de outubro acollemos no noso centro a duas alumnas alemanas de Coidados Auxiliares de Enfermería. Estiveron unha semana integradas nas nosas aulas nos grupos de Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería de réxime ordinario e de dual. A continuación farán prácticas nun hospital de Vigo por un período de tres semanas.
Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.