Eventos - Filtro:
Xov | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
DATAS DE MATRÍCULA, DE 09:30 A 13:30: DÍA 1 > 1º ESO DÍA 2> 2º ESO DÍA 3> 3º ESO DÍA 6> 4º ESO DÍA 7> 1º BACH DÍA 8> 2º BACH
ENLACES A DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA
DOCUMENTACIÓN COMÚN PARA BACHARELATO
Documentación a aportar coa matrícula:
- Impreso de matrícula que se proporciona na conserxería do centro ou se pode descargar na páxina web:www.ieson.gal - Fotocopia do DNI do/a alumno/a. - Fotocopia do boletín de notas do curso 2019/2020. - Folla de autorizacións asinada. - 2 fotografías tamaño carné (co nome do/a alumno/a por detrás). - 1 sobre americano aberto, sen enderezo e selado Tarifa A. Ademais: - O alumnado de nova incorporación ao centro aportará fotocopia da páxina do Libro de Familia onde está rexistrado/a dito/a alumno/a. - No caso do alumnado procedente doutra comunidade autónoma, debe entregar certificación académica dos estudos realizados. - O alumnado de 3º e 4º ESO e Bacharelato entregará o xustificante de pago das taxas do Seguro Escolar (1,12 euros que serán aboados na Conserxería do centro, ou no caixeiro da oficina de ABANCA, co número de conta ES12 2080 0312 4430 4000 4100; entregaralle un recibo para presentar no IES). - Se está de alta no programa Alerta Escolar debe aportar informe médico. - En caso de divorcio deben aportar a sentenza xudicial.
Os módulos que compoñen o ciclo e a súa duración son os seguintes:
Estivemos hoxe en Muros, nos muíños de marea, presentando os proxectiños do alumnado que participou en GALP / Costa sostible / Mar Galaica ensino... tantos nomes.. en 2º ESO Houbo traballos duns dez centros, de Fisterra a Porto do Son. Algúns moi ben planificados, cun peso grande da dirección do profesorado, coma este que foi un dos que máis interesou. As nosas rapazas e rapaces, levaron traballos feitos con total autonomía, tanto na idea como na elaboración; e quizais por iso resultaron chamativos. Teñen a virtude de que poden medrar e reutilizarse. Aquí está a Conselleira de Pesca tentando entender un Tabú; tamén levaron un Monopoly con propiedades valoradas pola súa sostibilidade ecolóxica ou non contaminante; un xogo de pistas; unha sinalética orixinal e chamativa; un mapiña interactivo; e vídeos que podedes ver aquí. https://vimeo.com/342963847 https://vimeo.com/339289171 e outras cousiñas que quedaron na casa.
|