Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 03/06/2019 18:30
Ás 18.30h, no salón de actos do centro, charla impartida pola Garda Civil para as familias, dentro do Plan Director, sobre os perigos dos hábito de consumo de drogras e alcohol na saúde dos mozos e mozas. Coordinada polo departamento de Orientación e o equipo directivo. Start: 03/06/2019 18:30
Estimadas familias: A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC. Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías. Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos. Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación. Calendario: Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol |