Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
3
| 4
all day
O luns pola tarde, na Casa de CULTURA, os mozos e mozas do grupo de teatro do noso instituto, Son do Son, dirixido pola nosa compañeira Ánxela Doval, estrearon a obra "Non te rallles" para os compañeiros de 3º e 4º d eESO. Trátase dunha adaptación que eles mesmos fixeron do musical americano Be more chill e do cómic do mesmo título. Un rapaz con problemas, un instituto, un chimpo ou pastilla que leva un ordenador cuántico... Ata onde es capaz de chegar para ser popular!!! Foi un éxito!!!! Ben que rimos! PARABÉNS, pagou a pena o tempo adicado fóra das clases!!!
| 5
all day
O venres 31 de maio o alumnado de 1º de ESO, nunha saída de todo o día organizada polo departamento de Xeografía e Historia como complemento ao currículo deste nivel, visitou o Castro de Neixón e as mámoas da serra do Barbanza. No Castro de Neixón o arqueólogo que dirixe o centro, Víctor Barbeito, impartiulles unha charla e moustrolles un vídeo sobre a prehistoria na serra do Barbanza; logo ensinoulles e comentoulles o castro de Neixón. Despois de comer, o autobús deixounos no monte Iroite e fixemos unha ruta ata aldea de Balteiro, por onde puidemos ver varias mámoas da necrópole megalítica. Polo camiño, os rapaces situáronse no mapa e localizaron as súas parroquias e algúns outros lugares da península do Barbanza.
| 6
all day
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO foron os encargados de explicarlles aos rapaces e rapazas que estudarán no instituto no curso que vén como é o noso centro!!! E fixérono así de ben! u
| 7
| 8
all day
Onte á tardiña, na Fundación Rosalía de Castro, Clara Tomé Mariño, de 4º de ESO, e Jesús Vázquez Pajares, de 1º de Bacharaelato, recolleron o galardóns do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, que convocan a Fundación e O Corte Inglés. Nos seus poemas ofrecen unha nova mirada dos cadros de Seoane. Palabra e cor unidos. Podedes ler máis sobre a Xornada no blog da biblioteca. | 9
|