Eventos - Filtro:
Xov | ||
---|---|---|
Chegaron o xoves pasado, despois de 24 horas en autobús!!! Hoxe marchan estes 25 mozos e mozas de Quimper, coas súas profesoras Sandrine e Caroline. Para o noso alumnado foi unha magnífica experiencia tanto a nivel cultural como humano. Sempre o é. Abrirse a novas culturas e mellorar a competencia no idioma. Eles, o castelán, nós o francés. O programa foi intenso. Houbo excursións, roteiros, praia... Fixéronse xa amizades! Pois iso, foi un pracer coñecervos! Vémonos a finais de setembro na Bretaña! Boa viaxe de volta! Grazas ao departamento de Francés por organizar a actividade
|