Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 23/05/2019
End: 30/05/2019
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. Chegaron o xoves pasado, despois de 24 horas en autobús!!! Hoxe marchan estes 25 mozos e mozas de Quimper, coas súas profesoras Sandrine e Caroline. Para o noso alumnado foi unha magnífica experiencia tanto a nivel cultural como humano. Sempre o é. Abrirse a novas culturas e mellorar a competencia no idioma. Eles, o castelán, nós o francés. O programa foi intenso. Houbo excursións, roteiros, praia... Fixéronse xa amizades! Pois iso, foi un pracer coñecervos! Vémonos a finais de setembro na Bretaña! Boa viaxe de volta! Grazas ao departamento de Francés por organizar a actividade
|