Skip to Content

Andaina polo bo trato ás persoas maiores


O venres 14 de xuño o alumnado de 1º ESO participou nunha andaina organizada pola Cruz Vermella co obxectivo de convivir durante unhas horas con persoas maiores. Esta actividade pretende fomentar o bo trato a este colectivo e a maior maneira é coñecelo compartindo con eles unhas horas de paseo, xogos e mesmo de comida. 

Ás 11:30h comezou a andaina que percorreu parte do paseo marítimo de Burela, tempo no que o alumnado puido ir conversando cos seus correspondentes maiores. A partir das 13:00h comezaron os xogos, a música e, finalmente, o picoteo. 

Foi unha actividade divertida e enriquecedora na que a comprensión e a solidariedade entre xoves e maiores estivo moi presente. 

Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ

No noso programa de radio Proxecto Neo emitido o 20/06/2024, tamén adiantamos nos primeiros minutos a crónica feita polo alumnado e profesorado grazas o seu profesor Fernando Losada.

Ximnasia emocional con María Navarrete

Do luns 10 de xuño ata o xoves 13, María Navarrete Fa, experta en Educación e Xestión Emocional realizou dúas sesións de obradoiros de Ximnasia emocional co alumnado da ESO. 

A ximnasia emocional é un tipo de adestramento das competencias emocionais (consciencia, regulación e autonomía emocionais, competencias socioemocionais e habilidades para a vida e o benestar). Traballa temas como o crecemento persoal desde unha metodoloxía baseada na participación activa e con recursos como o xogo, a música, o teatro, a reflexión e o debate, a risa, a meditación, a atención plena...

Ela mesma afirma que na frase "Vale máis previr ca curar" entraría a ximnasia emocional, xa que o adestramento espértanos a consciencia emocional e dános ferramentas de regulación que fan que aumente progresivamente a autoestima e a sensación de estás ben e feliz. 

E isto é o que o alumnado da ESO experimentou: procurar ser consciente das súas emocións e coñecer ferramentas para autorregulalas co obxectivo de mellorar a súa autoestima, sentirse mellor e ser máis feliz. 

Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ

Admisión Curso de Especialización: Fabricación Aditiva (24 de xuño - 4 de xullo)

Está aberto o prazo do proceso de admisión para o Curso de Especialización:

  • Grao Superior. Fabricación aditiva

Pode consultarse o calendario na seguinte ligazón: Período ordinario de admisión: Curso especialización

Instrucións xerais

 

Admisión Ciclos Formativos: FP DUAL Intensiva (24 de xuño - 4 de xullo)

Está aberto o prazo do proceso de admisión para a FP DUAL Intensiva:

  • Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial.

Pode consultarse o calendario na seguinte ligazón: Período ordinario de admisión: FP Dual Intensiva

Instrucións xerais

Admisión Ciclos Formativos: Réxime ordinario (24 de xuño - 4 de xullo)

Está aberto o prazo para o proceso de admisión nos Ciclos Formativos de réxime ordinario:

  • CM de Instalacións de Telecomunicacións
  • CM de Mecanizado
  • CM de Peiteado e Cosmética Capilar
  • CM de Xestión Administrativa
  • CS de Administración e Finanzas

Poden consultar o calendario na seguinte ligazón: Periódo ordinario de admisión: Réxime ordinario

Instrucións xerais

Admisión FP Básica (24 de xuño - 4 de xullo)

Prazos do proceso de admisión nos Ciclos Formativos de Grao Básico:

  • FP Básica de Servizos Administrativos
  • FP Básica de Fabricación e Montaxe

Poden consultar o calendario na seguinte ligazón: Prazos proceso de admisión - FP Básica

Instrucións xerais

II Día da Literatura Cabo-Verdiana

Após o suceso da celebración do I Dia da Literatura Cabo-Verdiana, desde a iniciativa educativa Modelo Burela queríamos continuar a pór o foco na inclusión social das diferentes comunidades migrantes, por iso decidimos dar continuidade a este tipo de encontros, onde a literatura volveu a converterse nunha ferramenta fantástica para traballar millares de competencias e saberes e, ao mesmo tempo, para coñecer mellor as culturas coas que convivimos no noso día a día.

Así, comezamos o II Día da Literatura Cabo-Verdiana, coa intervención de Issac Sosa, alumno de 4º ESO, Carmela López, alcaldesa de Burela, seguida de Joaquim Arena, autor do romance que este ano nos reuniu na biblioteca do Perdouro, inmediatamente despois tiramos a fotografa de familia. 

 
Por volta das 11h30 demos inicio ás sesións de lectura onde ouvimos o portugués nalgúns dos seus sotaques, obviamente tamén no sotaque galego. Entre as 13h e as 14h realizaron as súas lecturas o artista Nuno Pico (Grande Amore), Conchi Pernas e o persoal de atención ás migracións; e finalizou a sesión o escritor Lionel Rexes. 

Durante a hora e media reservada para o xantar de irmandade, celebrado no café da propia escola, foron proxectadas as lecturas gravadas en vídeo por profesorado e alumnado de diferentes escolas da Galiza onde se imparte a materia de portugués. 

O programa da tarde deu comezo ás 15h30. Xunto cos representantes das asociacións culturais de Burela, participaron Alfredo Llano, Luzia Oca, Ramón Reimunde ou representantes da USC, tal como Elías Torres, decano da Facultade de Filoloxía ou Felisa Prado profesora de literaturas africanas na USC. Contamos tamén coa presencia do Director da Rádio Comercial de Cabo Verde.

Finalmente por volta das 18h30 chegamos á clausura da xornada coa participación de Maria J. Pardiñas, directora do IES Perdouro, Edilson S. Tavares, filólogo especialista en Linguas Modernas e Mario Pillado, tenente da alcaldía e concelleiro responsable das áreas de Xustiza Social, Xuventude e Inmigración e Cooperación. 

Foi fantástico verificar o entusiasmo e compromiso das preto de 150 persoas que foron pasando pola biblioteca, quer presencialmente quer por medios telemáticos, para daren voz ás páxinas do romance Siríaco e Mr. Charles xunto co seu autor, Joaquim Arena cuxa colaboración e dedicación foi algo único. Un modelo de boas prácticas na comunicación entre artista e público. 
 
Pódese acceder ao álbum de fotos AQUÍ.

III Feira TecnoCienciArte 2024

O luns 10 de xuño celebrouse a III Feira TecnoCienciArte do IES Perdouro. Nesta edición podíanse visitar 24 postos con diferentes experiencias e proxectos que saíron das aulas para que o alumnado puidese mostrar as súas aprendizaxes á comunidade educativa. 

 

Aquí podedes ver máis fotos da feira. 

Os postos deste curso incluían: 

  1. Les Jeux Olympiques (Francés)
  2. Le Jeu de l'Alphabet e Les Victoires de la Musique (Francés)
  3. Intelixencia Artificial (Tecnoloxía)
  4. Robótica (Tecnoloxía)
  5. Enerxía solar fotovoltaica (Tecnoloxía)
  6. Luz + luz = escuridade? (Física)
  7. A pesca en Burela (Proxecto Competencial)
  8. A Guerra fría e a IIª Guerra Mundial (Xeografía e Historia)
  9. Oca Express (Relixión)
  10. Axencia de Viaxes e Caderno de Viaxes (Relixión)
  11. Tatoo Nails, Sweet Nails e Maquillaxe semipermanente (Imaxe Persoal)
  12. Estilismo masculino (Imaxe Persoal)
  13.  O arco da vella (coloración capilar) e Peiteando (peiteados e recollidos) (Imaxe Persoal)
  14. Cremas faciais e osiños de xabón (Imaxe Persoal)
  15. EmoXogos do Perdouro (Benestar Emocional e Convivencia)
  16. Noria e Tangram (Tecnoloxía)
  17. Estruturas, electricidade, mecanismos e scape room Mulleres na Ciencia (Tecnoloxía)
  18. Impresión láser (Mecanizado)
  19. Domótica do fogar e obradoiro de soldadura (Electrónica)
  20. Badiahs galegas - peiteados con trenzas africanas e o seu significado (CB Servizos Administrativos)
  21. Badiahs galegas - peiteados con trenzas africanas e o seu significado (CB Servizos Administrativos)
  22. Elaboración de ecoinstrumentos, instrumentos musicais mecánicos e presentación de instrumentos musicais (Música)
  23. Instrumentos musicais, retratos picassianos e personaxes con texturas (Plástica)
  24. Mesas de cultivo e composteiros (Bioloxía)

Calendario de exames - Convocatoria extraordinaria xuño 2024 (1º Bacharelato e 1º Ciclos Básicos)

No enlace que aparece a continuación pódense consultar os calendarios de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 1º Bacharelato e 1º Ciclos Básicos.

1º Bacharelato

1º Ciclo Básico Fabricación e Montaxe

1º Ciclo Básico Servizos Administrativos

II Día da literatura caboverdiana

III Feira TecnoCienciArte: luns 10 de xuño

O luns 10 de xuño celebraremos a terceira edición da Feira da Ciencia, da Tecnoloxía e da Arte, Tecnocienciarte. 

Terá horario de mañá e de tarde. Todo o alumnado do centro visitará os distintos postos e tamén o farán estudantes de 6º de Educación Primaria. 

Pola tarde, estará aberta ás familias que queiran achegarse ao centro para ver os traballos e proxectos desenvolvidos este curso.  

A feira contará este ano con 24 postos nos que se poderá participar en scape rooms, kahoots, escoitar a exposición de diferentes traballos ou mesmo saír cun novo peiteado ou con algún agasallo. 

O plano da feira será o seguinte: 

 

 

 

Xornada de portas abertas de Ciclos Formativos

O mércores, 5 de xuño, en horario de 16:30h a 18:30h podes visitar os nosos Ciclos Formativos e informarte sobre os mesmos.

O centro estará aberto tanto para alumnado como para as familias que queiran asistir.

Serán recibidos e informados polo profesorado que imparte docencia en cada un dos Ciclos Formativos.

Felices Festas Burela!

 

Calendario de exames - Convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato

No enlace que aparece a continuación pódese consultar o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato e de pendentes de 1º de Bacharelato.

CALENDARIO

Despedida da promoción de 2º de Bacharelato 2024

Chegou o día tan desexado para o alumnado de 2º de Bacharelato, a data da súa graduación.

O martes, día 14 de maio, celebramos a cea de despedida. Reunímonos 51 alumnos e profesores para celebrar o final dunha etapa bonita a pesar do paso dunha pandemia mundial.

Moitos parabéns a Ana, Ester e Ramón por levar matrícula de honra con 10. Mais tamén queremos felicitar a Paula López Martínez, Nerea, Paula Rodil, Ivana, Manuela e Lucía por sacar unha media superior a 9.

Moita sorte a todxs na ABAU e/ou outros destinos!

Promoción 2018-2024: Luna, Juanma, Pablo Balseiro, Melanie, Abril, Mario, Jorge, David, Raúl, Simón, Imanol, Daniel, Paula Fraga, Carmen, Nerea, Ana, Sabela, Roi, Noa Gudín., Yorel, Paula L. Calvo, Paula L. Martínez, Ivana, Diego, Noa Martínez, Saray, Pablo Méndez, Pablo Míguez, Iago, Jorge Neira, Mateo, David José, Celia, Mara, Jaime, Gabriela, Félix, Lucía, Laura, Ramón, Pablo Rivas, Ester, Paula Rodil, Lola, Marta, Marina, Andrés, Manuela, Andrea, Denisa, Silveria.

Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut