Skip to Content

Comeza o concurso Aulas Limpas 2024-25!

Durante o mes de setembro os titores expuxéronvos as normas de Aulas Limpas. 

En outubro comeza o concurso. Mantede a orde e a limpeza, decorade e ordenade o taboleiro, coidade a aula. 

Como sabedes, hai premios para a mellor aula de cada mes e un premio final para a Aula Magnífica. 

Consultade a rúbrica para ter a aula perfecta cando pasen os xuíces a valorar o voso traballo. 

 
 
 

Xogo de pista especial Xogos Olímpicos

Quedan 10 días para celebrar os Xogos Olímpicos de París 2024. Nós, no Perdouro, anticipámonos o pasado 24 de abril e organizamos un xogo de pistas onde o alumnado de 2º de ESO de francés tivo que medir as súas destrezas lingüísticas en dito idioma así como as súas habilidades físicas nas distintas competicións deportivas que lles tiñamos preparadas: carreira de sacos, de relevo e de obstáculos ou mesmo lanzar á canastra bólas de ping-pong. O alumnado de 4º de ESO de francés fixo de monitores e de xurado durante toda a proba. Cada grupo clase tiña 50 minutos para seguir as instrucións do xogo e conseguir chegar á meta final. 

Aquí deixamos unha completa reportaxe fotográfica do que foron os nosos JO FLEPerdouro.

Agradecemos ao departamento de Educación Física por deixarnos o material para as carreiras e queremos felicitar ao dpto de Fabricación Mecánica pola impresión 3D das medallas dos Xogos Olímpicos, réplicas das oficiais de Paris 2024.

 

CHAMPIONS et CHAMPIONNES DES JO FLEPERDOURO

Moito aprenderon á vez que se esforzaron física e intelectualmente. Cituis, Altius, Fortius -Communiter « Plus vite, plus haut, plus fort – ensemble ».

Parabéns por prestarvos ao xogo con ilusión.

Inicio dos Xogos Olímpicos de Paris 2024 Venres 26 de xullo de 2024 ás 20:16 h.

EcoPerdouro: Taking care of the environment and the capsule wardrobe

Durante este curso desde o departamento de Inglés leváronse a cabo varias actividades para colaborar co proxecto EcoPerdouro, entre elas: 

-  a elaboración de cartelería con consellos para coidar de medio ambiente aproveintando o vocabulario estudado na clase.

- a creación de lapbooks nos que se explica que é un armario cápsula e que tipo de roupa debes posuír para telo. Deste xeito, contribúese a usar a roupa dun modo sustentable: comprándoa de segunda man, adquirindo prendas fabricadas con materiais reciclados e apoiando o comercio local. Grazas a este tipo de armario, aprendes a elixir poucas prendas que combinen moi ben entre si e que che permitan vestirte para cada ocasión da maneira máis axeitada coidando e medio ambiente e a túa economía. 

Parabéns polo traballo!

  

Selección de candidatos/as - CS Mecatrónica Industrial (Dual intensiva)

Datas para o procedemento de selección de candidatos/as para cursar o CS de Mecatrónica Industrial na modalidade dual intensiva.

Entrega de vales de material e de libros de texto do fondo solidario

Actualizado o podcast das Saídas escolares IES Perdouro

Xa está actualizado o podcast das saídas escolares do IES Perdouro, que inclúe 4 audios orixinalmente emitidos no programa Proxecto Neo. 

Deixamos aquí a ligazón.

 

Actividades Quérote+ do curso 2023-24

Ao longo do presente curso 23/24, o IES Perdouro aplicou o programa Quérote + nas aulas de 3º ESO que se enmarca dentro dos Plans Proxecta. Froito diso, mostrámosvos unha parte do traballo realizado co noso alumnado que participou activamente realizando murais, en debates, así como o visionado de curtametraxes e un longo etcétera difícil de plasmar só a través de imaxes.

 

Vídeos do Coro da Emocións de Educación Responsable 2023-24

A Educación Emocional é un dos piares do proxecto educativo do IES Perdouro e desde hai anos o profesorado recibe formación que repercute nas actividades desenvolvidas co alumnado. Unha das actuacións que se levaron a cabo durante este curso e o anterior foi a participación no programa Educación Responsable. Concretamente, a aportación do departamento de Música leva por nome "Coro das Emocións". 

Trátase dun recurso educativo destinado a desenvolver, a través do canto coral, as habilidades emocionais, sociais e creativas que constitúen o obxectivo do programa de Educación Responsable. Neste coro pode caber todo o alumnado porque é o momento de gozar da música en grupo independentemente das aptitudes musicais de cada un. O grupo fai medrar musicalmente e axudamos ao grupo a consolidarse e todo isto... ao mesmo tempo que o pasamos ben! 

Cando os ensaios rematan, chega o momento de completar o proceso formativo e artístico do coro. Dende o primeiro día os nosos alumnos senten que co seu esforzo persoal, talento e creatividade poden aportar moito ao conxunto final e nos vídeos así o demostran. Esta actuación final baséase en dous piares, o musical e a posta en escena. Desfrutemos do traballo feito polos tres grupos de 2º ESO e a súa profesora Patricia! 

Matrícula ESO e Bacharelato: curso 2024-2025

Publicados os calendarios e os formularios de matrícula para ESO e BACHARELATO.

Solicita os libros do fondo solidario

Acto de presentación da revista escolar da A. C. Os Matos - Maruxía nº 30

A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro presentou o nº 30 da publicación Maruxía en colaboración co Equipo de Dinamización e coa Biblioteca.

 

Esta mañá, a biblioteca abriu as súas portas para recibir un evento moi esperado: a presentación da revista escolar Maruxía. A alumna de 4º ESO TIC, Iria Jacomé, foi a encargada de conducir o acto.

Durante a presentación, Alba F. Quelle e Alberto Núñez explicaron como o equipo traballou arreo para sacar adiante a número 30. Ambos destacaron a importancia do traballo en equipo e a colaboración constante para superar os retos que se presentaron ao longo do proceso de elaboración da revista.

A nova edición da Maruxía inclúe unha ampla mostra das actividades e traballos realizados polos reporteiros do Perdouro, reflectindo o talento e a creatividade dos estudantes. Ademais, recóllense os premios do XVII Concurso de Relato Curto e Poesía e do XV Concurso de Imaxe, convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos". Estes certames son unha plataforma importante para fomentar a creatividade e o talento artístico entre os alumnos.

A nova edición da Maruxía é un reflexo fiel do esforzo colectivo e da creatividade dos estudantes do Perdouro.

Asistiron ao acto Mª José Pardiñas, directora do centro educativo; Karina Parga, Presidenta da A.C. Os Matos e Noé Vázquez, coordinador do EDLG. 
 
Felicitamos aos gañadores do concurso de portada de Maruxía: Djessica Tavares Pereira Barbosa (portada) e Álvaro Guisande Rego (traseira).
 

Accede á completa reportaxe fotográfica realizada polo compañeiro Fernando Losada, AQUÍ.

 
Revista Maruxía en PDF aquí.

Maruxía nº 30 - Desvelamos as portadas gañadoras

Os alumnxs de 4º de ESO TIC capitaneados por Natalia Irimia e Natalia Aldegunde remataron estes días de compoñer o número 30 da revista MARUXÍA. Xa está na imprenta.

A biblioteca acollerá o acto de presentación de revista escolar así como a entrega de premios dos certames literarios e de imaxe da A.C. os Matos, o vindeiro venres 21 de xuño ás 11h30.

Desvelamos a portada e o dorso da revista deste ano.

Parabéns a :
- Djessica Tavares Pereira Barbosa, alumna de 4° ESO - portada
- Álvaro Guisande Rego, alumno de 4° ESO - dorso

 

 

 

Fallo do xurado Concursos OS MATOS

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos baixo o lema "As viaxes":

XVII Concurso literario da As. Cultural Os Matos 

RELATO CURTO:

Categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º premio: Dani Borrajo Trelles (1º ESO A)
  • 2º premio: Nicolás Amorín Vázquez (1º ESO A)

Categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º premio: Ana Lestao Ben (4ºESO A)

 Categoría Bacharelato e CF:

  • 1º premio: Noa Gudín González (2º Bach.B)

POESÍA:

Categoría ESO:

  • 1º premio: Ana Lestao Ben (4ºESO A)

XV Concurso de Imaxeda As. Cultural Os Matos

Categoría ESO:

  • 1º premio: Ximena Riopedre Orosa (4ºESO A)

Concurso de Portadas da Revista Maruxía 

  • Djessica Tavares Pereira Barbosa (4ºESO C) 
  • Alvaro Guisande Rego (4ºESO A)

Moitos parabéns a todxs!

Actividades de Educación emocional por niveis educativos

Durante este curso leváronse a cabo distintas actividades de Educación emocional que foron propostas para cada curso das distintas etapas educativas. 

A continuación presentámosvos a planificación temporal no cadro. No enlace podedes acceder á explicación de cada actividade. 

Gañadores nun dos retos de InnovatechFP 2023-24

O equipo de alumnado formado por Alicia Cabarcos e Sonia González do Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar e Raúl Fraga e Alberto Cabana, estudantes do CS de Mecatrónica industrial, acompañados da directora do IES Perdouro María José Pardiñas, de Fernando López, profesor de Mecatrónica, e de Javier Rouco, coordinador do proxecto INNOVATECHFP 23-24 e profesor de Imaxe persoal, viaxamos ao recinto Expourense para recibir o galardón do programa InnovatechFP 23-24 da Consellería de Educación, que nos outorgou o primeiro premio na final celebrada na mañá de hoxe martes 18 de xuño por ter presentado e defendido un proxecto que deu resposta ao reto empresarial que a marca L’Oréal España-Portugal presentou ante 170 centros educativos da FP de Galicia na localidade de Culleredo a finais do ano pasado.

Distribuir contido


by Dr. Radut